MEDIO AMBIENTE Xunta

Visitamos Alixo, unha das localidades de Valdeorras afectadas polos lumes

O Barco de Valdeorras, 19 de xullo de 2022. O PSdeG-PSOE desprazouse hoxe ata Alixo, localidade no concello do Barco de Valdeorras, onde o lume calcinou seis vivendas e no que os propios veciños e veciñas se implicaron para sufocar as lapas ante a vergoñenta escaseza de medios materiais e humanos dispostos pola Xunta de Galicia. Unha situación que non pode volver a repetirse.

Na visita participaron o secretario provincial, Rafa Villarino; os deputados e deputadas provinciais, Marga Pérez, Susana Rodríguez e Álvaro Vila; o deputado no Congreso, Adolfo Pérez Abellás; a deputada no Congreso, Uxía Tizón, e a deputada no Parlamento de Galicia, Marina Ortega.