O PSDEG-PSOE “APLAUDE” A “APOSTA HISTÓRICA” DE SÁNCHEZ CO FERROCARRIL DE OURENSE GRAZAS Á IMPLANTACIÓN DE NOVOS SERVIZOS AVANT E Á GRATUIDADE DE TODA A MEDIA DISTANCIA
«Ningún goberno e ningún partido fixo antes unha aposta tan sólida polo ferrocarril e tan beneficiosa para a cidadanía» destacan antes de recordar que, como xa anunciaran, os Avant tamén serán gratuítos
O PSOE ourensán celebra que, en materia ferroviaria, a nosa provincia só avanza cos socialistas, os únicos que adoptan estas medidas que, advirten, «nin PP nin BNG apoiaron con seu voto a favor no Congreso»
Ourense, 1 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense «aplaude» a decisión “histórica” do Goberno central de apostar polo ferrocarril da provincia e de Galicia, grazas a medidas «inéditas» que, desde hoxe, permiten a gratuidade da totalidade dos traxectos de media distancia (MD) que atravesan Ourense para aqueles viaxeiros e viaxeiras con abonos multiviaxe.
Así mesmo, tamén celebran o “importante incremento de servizos e prazas” en trens de media distancia Avant que unen Ourense co Eixo Atlántico, a través da implantación dun servizo con saída da capital ourensá ás 6:45, así como coa reserva de prazas de media distancia en trens de larga distancia nos que se poderán usar os títulos multiviaxe bonificados ao 100 %. Desde o PSdeG-PSOE aplauden a reposición do primeiro tren MD do día por orde do executivo, unha medida moi demandada por traballadores e traballadoras.
«Nunca antes ningún goberno e ningún partido fixo unha aposta tan sólida polo ferrocarril e tan beneficiosa para a cidadanía» destacan os e as socialistas ourensáns antes de recordar que, como xa anunciaran desde un primeiro momento, os servizos de media distancia de alta velocidade Avant entre Ourense, Santiago e A Coruña tamén serán gratuítos desde hoxe.
A medida terá carácter retroactivo para aquelas persoas que compren os seus abonos multiviaxe antes de que se publique o decreto que regulará a decisión do executivo de Sánchez. “No caso concreto dos usuarios e usuarias recorrentes do Avant galega, a decisión adoptada polo Goberno central poderá supor, por exemplo, un aforro mensual de varios centos de euros”, destacan os e as socialistas.
O PSOE ourensán celebra que, en materia ferroviaria, a nosa provincia só avanza con gobernos socialistas, os únicos que adoptan estas medidas «históricas» que, advirten, «nin PP nin BNG apoiaron con seu voto a favor no Congreso», unha actitude que cualifican como unha «afronta» de nacionalistas e conservadores contra os intereses da nosa veciñanza.
Esta histórica decisión adoptada cun goberno socialista, pretende impulsar o uso deste tipo de transporte público para garantir a mobilidade cotiá, cun medio de transporte seguro, fiable, cómodo, económico e sostible como é o ferrocarril, nun contexto económico complexo provocado pola invasión rusa de Ucraína.