A NOVA LEI DO XOGO DE GALICIA PRESENTADA POLO PSDEG PRESTA ESPECIAL ATENCIÓN Á INFANCIA E PON EN VALOR A PREVENCIÓN
A Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense organizou una charla para explicar a PPL que se debaterá no Parlamento co voceiro de sanidade, Julio Torrado e o secretario xeral de XSG, Xurxo Doval
O PSdeG expón esta PPL traballada e revisada coas asociacións de ex-xogadores activas en Galicia e profesionais académicos investigadores na materia de condutas aditivas
Ourense, 3 de outubro de 2022. A Agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense realizou unha xornada formativa sobre a “Proposición de Lei do Xogo en Galicia” rexistrada polo Grupo Parlamentario Socialista que será defendida polo voceiro de sanidade do PSdeG, Julio Torrado, mañá martes no Pazo do Hórreo
A charla tivo lugar esta tarde na sede do PSdeG-PSOE de Ourense e contou ademáis coa participación da secretaria xeral da agrupación local, Natalia González; a responsable de políticas sociais da CENG, Marga Martín e o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval.
O PSdeG expón esta PPL traballada e revisada coas asociacións de ex-xogadores activas en Galicia (AGALURE e AGAJA), e profesionais académicos investigadores na materia de condutas aditivas (Antonio Rial – Universidade de Santiago de Compostela) despois de que a última Lei do xogo de Galicia date do ano 85 e o PP non tivera avanzando nada nestes últimos anos.



Torrado explicou que a Lei está especialmente orientada ao “valor da prevención”, e delimita a actividade do xogo a unha forma de lecer “adulto” (art. 4).
Entre as especificacións da proposta destacan a “especial atención á infancia” xa que establece que os locais de xogo e apostas non poderán estar a menos de 850m dun centro educativo nin dun centro de tratamento de persoas con afectacións polo xogo patolóxico e tampouco poderán poderán ter xogos infantís como reclamo, nin salas anexas aínda que estan teñan xogos recreativos sen intermediación de apostas económicas.
Ademáis, establece que as contías íntegras do recaudado a través das sancións impostas conforme ao regulado na lei será adicado a labores de prevención e tratamento, con especial atención ás idades máis novas (no ano 2019 o total do ingresado foron 61M€ en Galicia).