Executiva municipal de Ourense Memoria Democrática

A Lei de Memoria Democrática a debate

EDUARDO RANZ, AVOGADO ESPECIALISTA EN MEMORIA HISTÓRICA, PRESENTOU ESTA TARDE A LEI DE MEMORIA DEMOCRÁTICA NUNHA CHARLA ORGANIZADA POLA CEM DO PSDEG-PSOE DE OURENSE

Ranz estivo acompañado pola secretaria xeral da agrupación local, Natalia González Beneitez e polo secretario de diversidade da CEM, Carlos Montero

Beneitez lembrou todo o “traballo e as persoas que estiveron detrás da redacción da nova lei e puxo en valor a valentía do goberno de Pedro Sánchez por poder levalo a cabo e sacalo adiante”

Ourense, 7 de outubro de 2022. Eduardo Ranz, avogado especialista en memoria histórica presentou esta tarde a Lei de memoria democrática, aprobada o pasado mércores no Senado, nun acto organizado pola Executiva Municipal do PsdeG-PSOE de Ourense. O realizouse nun lugar tan emblemático como a explanada da Biblioteca Pública Nós, coñecido como antigo Campo de Aragón e para o cal Ranz reivindicou tamñen a necesidade que pase definitivamente a chamarse “Praza da segunda República para restaurar a memoria de tódalas vítimas”.

Ranz indicou que na vindeira semana a lei publicarase no BOE, destacou o “pouco marxe de votos polo que se aprobou a lei” que pasou nos últimos anos por diferentes fases. O socialista puxo de relevancia que é a “primeira lei en materia de dereitos humanos que hai nos gobernos da democracia”.

En democracia, a historia demostra que cando hai gobernos socialistas se producen recoñecementos ás vítimas do franquismo que xa comezaron no camiño dende os gobernos de Felipe González, mentres que a dereita deixounos sen financiación. Previamente, ás 18 horas Ranz presentou o seu libro “No matarás. Memoria Civil” na sala da Biblioteca Nós.

A secretaria xeral Natalia González, salientou que a memoria democrática é unha das “sinais de identidade da CEM da que participamos activamente na reivindicación da memoria e da dignidade das persoas”. Beneitez lembrou todo o “traballo e as persoas que estiveron detrás da redacción da nova lei e puxo en valor a valentía do goberno de Pedro Sánchez por poder levalo a cabo e sacalo adiante”.

Carlos Montero o secretario de diversidade da CEM, explicou que cando os socialistas gobernan sempre din outra vez o goberno coa memoria. Unha cousa é a memoria e outra cousa é a historia. A memoria sitúase dentro de que a catástrofe non se volva a repetir. Destaca que hai un apartado da lei que afonda nos pasados democráticos e lembrou que no campo de Aragón foron executadas 133 persoas.