FONDOS PÚBLICOS GOBERNO ESTATAL

Estes son os investimentos en infraestruturas dos PGE 2023 na provincia de Ourense

OS PGE 2023 DESBLOQUEAN DEMANDAS HISTÓRICAS EN MATERIA DE INFRAESTRUTURAS NA PROVINCIA, CUN INVESTIMENTO REAL DE 172,7 MILLÓNS DE EUROS, UN 24,1 % MÁIS CON RESPECTO A 2022

A Variante Norte, a Variante Exterior do AVE, a estación intermodal, a circunvalación do Barco, a humanización da N-525 en Xinzo, o Museo Arqueolóxico ou a mellora doutras conexións ferroviarias son as partidas máis destacas nos Orzamentos Xerais do Estado para 2023

Ourense, 11 de outubro de 2022. Os Presupostos Xerais do Estado 2023 contemplan na provincia de Ourense un investimento en materia de infraestruturas que supera os 177,2 millóns de euros, o que supón un incremento dun 24,1% con respecto ás contas de 2022. Na provincia de Ourense o investimento real no sector de estradas increméntase un 19%, alcanzando os 44,2 millóns de euros en 2023. En materia ferroviaria, tamén se produce un incremento do 26,4%, chegando a un valor de 128,5 millóns de euros no total das actuacións que se levarán a cabo.

A maiores, tamén se contempla que os novos servicios Avant para viaxeiros recorrentes, que entraron en vigor o pasado mes de agosto e que supoñen medidas de aforro, eficiencia enerxética e redución da dependencia enerxética do gas natural se prorroguen durante 2023. Tamén quedan sometidas a OSP as viaxes recorrentes na relación ferroviaria Ourense e Zamora, que entrarán en vigor como máximo 30 días despois da aprobación da Lei de Orzamentos e financiaranse cun crédito adicional de 10 millóns de euros.

Principais actuacións no sector de estradas:

44,2 millóns de euros en investimentos para estradas en Ourense, incluíndo as previsións do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Os investimentos que se contemplan nos programas de creación de infraestruturas, conservación e explotación da Dirección Xeral de Estradas son de 32,1 e 9,8 millóns de euros respectivamente.

20,7 millóns de euros para a Circunvalación do Barco (conexión entre a N-120 e a N-536).

8,9 millóns de euros para a Variante Norte de Ourense.

9,8 millóns de euros para mantemento e mellora da seguridade viaria na Rede de Estradas do Estado en Ourense.

2,3 millóns de euros para a humanización da estrada de Xinzo de Limia na N-525.

Proseguir coa redacción dos proxectos dos tramos Requejo-A Veiga de Cascallá; A Veiga de Cascallá – O Barco de Valdeorras da A-76 Ponferrada-Ourense.

Avanzar na redacción dos proxectos pendentes da A-56 Lugo-Ourense na provincia: Quintela- A Casilla, A Casilla-Cambeo, Cambeo- San Martiño.

Principais actuacións no sector ferroviario:

23,2 millóns no tramo Olmedo-Lubián-Ourense da liña de Alta Velocidade a Galicia,

69,5 millóns de euros para a Variante Exterior de Ourense.

17 millóns de euros para a estación intermodal de Ourense.

99,7 millóns de euros (8,8 millóns en Ourense) para a liña Ourense-Monforte-Lugo.

55,6 millóns (9,8 millóns en Ourense) na renovación da conexión con León.

47 millóns na renovación da liña Vigo-Redondela-Guillarei-Ourense.

1,2 millóns para a renovación da liña convencional Lubián-Ourense-Santiago.

2 millóns do orzamento de RENFE para a realización de actuación de mellora de seguridade na circulación, grandes reparacións, accesibilidade en trens, adquisición de novo materia móbil, actuación sobre material existente, sistemas de información e investimentos en talleres e estacións.

Outras actuacións:

3 millóns de euros no Museo Arqueolóxico de Ourense.

500.000 euros no programa Raia Termal.

1,17 millóns no Parador de Santo Estevo.

462.000 euros en reformas no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.