O PSOE LIDERA O DEBATE SOBRE A PROBLEMÁTICA DO BOTELLÓN PLANTEXANDO ALTERNATIVAS E BUSCANDO SOLUCIÓNS VALENTES ATALLANDO OS PROBLEMAS QUE AFECTAN Á XENTE MOZA TRALA INACCIÓN DO PP E JÁCOME
Os socialistas plantexan a necesidade de avanzar neste ámbito para a Xuventude e dende a Xuventude cunha lexislación ambiciosa que deixe de mirar cara outro lado con políticas de prevención e alternativas de ocio saudable
Un foro de carácter multidisciplinar e con diferentes meses moderadas polas Xuventudes Socialistas nas que se abordou “a situación dende o ámbito familiar e educativo, legal, sanitario e psicolóxico”
Ourense, 22 de outubro de 2022. O PSOE lidera e abre o debate sobre a problemática do botellón plantexando alternativas e buscando solución de xeito valente atallando os problemas que afectan á xente moza trala “inacción manifestada polo Partido Popular, na Xunta; coma por Jácome no Concello de Ourense”, así o explicou a secretaria xeral, Natalia González, no foro debate celebrado esta mañá na cidade de As Burgas pola Agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense.
Un foro de carácter multidisciplinar e con diferentes meses moderadas polas Xuventudes Socialistas e cun peche e conclusión realizadas polo secretario de XSG, Xurxo Doval e a concelleira do grupo municipal socialista Concepción García Lozano.
A primeria mesa tratou “a situación de España e Galicia dende o ámbito familiar e educativo” dado que o botellón é un “problema de tolerancia social”, así o plantexou o voceiro de sanidade do PSdeG, Julio Torrado; pola súa banda Cristina Cruz, secretaria de educación da CEM reclamou a necesidade de que se dean “máis ferramentas no ámbito escolar e educativo” e salientou que dende a instalación da Lomloe hai una “posibilidade maior de tratar una problemática que é transversal”; a Deputada Uxía Tizón destacou o papel que se está a facer dende o Congreso mantendo reunións co diferentes asociacións dado que se trata dunha “cuestión que non soamente é de lexislación senón educativo tanto nas escolas coma nas familias”.




A segunda mesa plantexou “Propostas no ámbito sanitario, psicolóxico e social” da man Marina Ortega (directiva do Colexio de Psicólogos de Galicia) que salientou diversas razóns para a reducción do consumo de alcohol que se dan na actualidade como son o “culto ao corpo”, aínda que tamén hai un “aumento nas condutas aditivas dende a pandemia provocada pola COVID”, aumentando o número de persoas que acuden cada mes á UCA -unidade de condutas aditivas datos aportado por Alberto Fidalgo (Médico e secretario de sanidade da CEM), que destacou que hai un “problema estrutural de alcoholismo” na sociedade cunha tendencia a normalizar o consumo e que afecta a outros ámbitos como son a “saúde mental e a violencia de xénero no que un 30% se relacionan co consumo de alcohol”.
Por último tratouse “O papel da administración pública” por parte de Carmen R. Dacosta (avogada e parlamentaria do PSdeG) que puxo por riba da mesa a inacción do Partido Popular na Xunta de Galicia en canto a lexislación na materia mirando cara outro lado; Alfredo García (alcalde de O Barco e expresidente da FEGAMP) tratou que o problema do botellón non é un problema de orde pública polos ruidos senón “o que se bebe no botellón”, non soamente o alcohol senón o resto de substancias e a cantidade inxente do consumo cunha problemática na que finalmente para a sociedade a “responsabilidade recae nos Concellos que é o organismo ao que menos recursos chegan dos 108 millóns que o Goberno da as comunidades autónomas en educación a Xunta de Galicia traslada 0 euros aos Concellos”.

Marga Martín, responsable de políticas sociais da CENG, expuxo o traballo levado a cabo no Concello cando gobernaron os socialistas con diferentes iniciativas realizadas para atallar o problema con “alternativas de ocio saudable e involucrando a educación das nais e dos pais que son os principais responsables no ámbito educativo. Tamén dende as administracións públicas débese seguir insistindo nesas alternativas de ocio”.
Os socialistas plantexan a necesidade de avanzar neste ámbito para a Xuventude e dende a Xuventude cunha lexislación que sexa ambiciosa e deixe de mirar cara outro lado e poñendo na axenda o debate do ocio saudable á altura do feminismo e o coidado medio ambiental xa que afecta á saúde individual e social.