A DEPUTADA NO CONGRESO POR ALBACETE, MARÍA LUISA VILCHES, E VOCAL DA COMISIÓN DE TRABALLO POLO PSOE ANALIZA O PAPEL DAS MULLERES RURAIS NO DESENVOLVEMENTO DA ESPAÑA E DA GALICIA BALEIRADAS
A CEM de Ourense segue a súa axenda centrándose nos temas claves para o futuro de Ourense como é o papel das mulleres rurais
“É importante reflexionar en torno o seu papel para o desenvolvemento social, promover o seu recoñecemento e a implementación de medidas específicas para garantir o pleno e efectivo goce dos seus dereitos”, asegura a secretaria local, Natalia González.
Ourense, 10 de novembro de 2022. A deputada no congreso por Albacete, María Luisa Vilches, e vocal da comisión de traballo polo PSOE analiza o papel das mulleres rurais no desenvolvemento da España e da Galicia baleiradas nunha charla informativa aberta á cidadanía nunha charla informativa organizada pola executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense.
A CEM de Ourense segue a súa axenda centrándose nos temas claves para o futuro de Ourense como é o papel das mulleres rurais. “Sempre é importante reflexionar en torno o seu papel para o desenvolvemento social, promover o seu recoñecemento e a implementación de medidas específicas para garantir o pleno e efectivo goce dos seus dereitos”, asegura a secretaria local, Natalia González.
No encontro tamén acudiu, Rosa Arcos, secretaria de desenvolvemento rural da CENG do PSdeG, quen puxo de de manifesto que as mulleres rurais, representan unha cuarta parte da poboación mundial, segundo datos publicados polas Nacións Unidas, e desenvolven unha función e contribución decisivas na promoción do desenvolvemento agrícola e rural, a mellora da seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza rural.


Existen barreiras estruturais discriminatorias que limitan a participación das mulleres rurais dentro dos seus fogares, comunidades e nacións, e o pleno goce dos dereitos humanos.
Pola súa banda, Carmen Rodríguez Dacosta, deputada no parlamento galego reclamou a obriga do Goberno galego de “facilitar que a agricultura e a gandaría sexan oportunidades para as mulleres” dado que os últimos datos de FADEMUR recollen una baixada do 35% da empregabilidade das mulleres no
sector agrícola e gandeiro debido á falta de oportunidades para poder conciliar con fillos e familiares.
Os socialistas celebran tamén a incorporación da perspectiva da xénero como un dos obxectivos estratéxicos que rexerá a Política Agraria Común no novo período 2023-2027.