Denuncias Deputación de Ourense

As adxudicacións de Baltar a dedo, en cinco gráficos

Ourense, 16 de novembro de 2022. O PSdeG-PSOE denunciou hoxe que Manuel Baltar está a ignorar as severas advertencias que o Consello de Contas detallou nun informe, tras agravar, ao longo dos últimos tres anos, a “trama millonaria” de “contratos a dedo” que mantén na Deputación de Ourense. Só cinco empresas (Manuel Viso e hijos; Camiños de Ourense; Coviastec; Explotacións Medioambientais e Cruzval) acumularon o 65 % dos contratos menores adxudicados pola institución provincial. É dicir: estas empresas recibiron a dedo e sen concurso público do goberno de Baltar, máis de 9,6 dos 14,8 millóns adxudicados nos anos 2020, 2021 e no que vai de 2022. Estas cifras tamén destapan que, dos 425 contratos menores tramitados, 262 foron parar sen concurso algún a estas cinco empresas.

Estes son dos datos en cinco gráficos: