A CEM DO PSOE DE OURENSE ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE ARTE URBANA E APOSTA POLA RECUPERACIÓN DOS ESPAZOS DEGRADADOS COA CREATIVIDADE E O TALENTO LOCAL
A charla terá lugar o vindeiro sábado 26 de novembro ás 10 da mañá no espazo cultural Mur Marxinal e contará coa coordinación das Xuventudes Socialistas
No encontro participarán representantes de cidades e vilas galegas onde se poñen en valor estes proxectos da man da concelleira de Xuventude de Lugo, Ana G. Abelleira, ou a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega
Ourense, 23 de novembro de 2022. A Comisión Executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense en colaboración coas Xuventudes Socialistas de Ourense continúan coa súa axenda para perfilar o programa electoral cos temas clave da cidade e da xuventude cara as eleccións de maio do 2023. Así poñen en valor a recuperación dos espazos degradados da cidade cunha charla informativa sobre “proxectos de arte urbana” aberta a toda a cidadanía.
O encontro terá lugar o vindeiro sábado 26 de novembro a partir das 10 da mañá na cafetería-espazo cultural Mur Marxinal e contará con representantes de diferentes cidades e vilas galegas nos que se están a desenvolver diferentes proxectos neste senso, como son a concelleira de Xuventude de Lugo, Ana G. Abelleira, cidade na que se realiza o Festival Urban Cores de recoñecido prestixio internacional e con pezas expostas na maior plataforma de exposición
de arte urbano do mundo como é a Street Art Cities. Ademáis, contará coa participación de Sara Ines Vega, Alcaldesa de Castro Caldelas, vila onde se realizou o último festival de arte urbana da provincia de Ourense.
Estarán presentes tamén outros proxectos de relevancia na arte urbana galega como é “Vigo Cidade de Cor” ou “As meninas” de Ferrol. Todos eles encabezados por gobernos socialistas.
Pola súa banda a secretaria xeral dos socialistas de Ourense, Natalia González, reflicte a “necesidade desta iniciativa innovadora” e de que se lle de o “pulo necesario” a os “pequenos brotes” e iniciativas de arte urbana que precisan de apoio institucional e que non acabaron de dar froitos nas últimas décadas. Sinala que é “incuestionable o talento e creatividade” que existe na cidade con figuras como Mon Devane, se cadra o máis coñecido na actualidade a nivel nacional e internacional, pero tamén con “moitos outros artistas” que enchen coas súas obras pequenos recantos da nosa cidade (Cristina de Padua, Dusem de Rem, Abraham Caride, Dafer Planet, etc).