A EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE ABRE O PROCESO PARTICIPATIVO PARA A CONFECCIÓN DO PROGRAMA ELECTORAL CO QUE DEVOLVER A ILUSIÓN E CONFIANZA Á CIDADANÍA
Os socialistas nomearon o equipo redactor do programa que estará coordinado polo vicesecretario xeral, Bienvenido Fernández, e fixaron como prazo de presentación oficial o vindeiro mes de marzo
A militancia e a cidadanía poderán facer as súas achegas á folla de ruta coa que o PSdeG-PSOE e na que terán un lugar prioritario as políticas sociais, a igualdade, a xente moza, as infraestruturas, a vivenda, a cultura, o termalismo, o medio ambiente ou a mobilidade
Ourense, 11 de xaneiro de 2023. O Executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense comeza o 2023 coa vista posta nas eleccións do vindeiro mes de maio seguindo a súa folla de ruta trala elección de Paco Rodríguez como candidato á alcaldía. Segundo explicou a secretaria xeral, Natalia González, na reunión ordinaria da comisión executiva municipal de xaneiro, celebrada esta tarde na sede do partido e na que os socialistas fixaron os prazos para a presentación do programa electoral e presentaron o proceso participativo para a confección das bases do programa.
Os socialistas márcanse como obxectivo a redacción dun programa electoral aberto á militancia e á cidadanía seguindo o traballo feito nos meses anteriores pola executiva. Escoitando aos veciños e veciñas para devolver a ilusión, “liderazgo e confianza” que a terceira cidade de Galicia merece e “nunca debeu perder”.
Tanto a militancia como tódolo ourensáns e ourensás que desexen facer as súas aportacións poderano facer entre o 13 e o 31 de xaneiro no seguinte enderezo electrónico: eleccions2023@psdegpsoeourense.es
A executiva municipal aprobou que o vicesecretario xeral, Bienvenido Fernández, sexa o coordinador xeral do equipo redactor o cal estará composto por 6 áreas diferentes que os socialistas consideran “chave fundamental para as políticas de futuro da cidade”:
1. Urbanismo, infraestruturas, medio ambiente e mobilidade.
2. Comercio, turismo, termalismo, emprego e promoción económica, economía e facenda.
3. Benestar social, saúde, igualdade, voluntariado e dereitos lgtbi.
4. Educación, cultura, participación cidadá, deporte e memoria histórica.
5. Modernización administrativa, servizos públicos municipais e seguridade cidadá.
6. Programa xente moza.
Por outra banda, a CEM dos socialistas fixou a axenda para o primeiro trimestre cos actos sectoriais de xuventude e o 8M