Concello de Ourense termalismo

Recibimos a visita da secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, en Ourense

O PSDEG-PSOE DE OURENSE RECIBE A VISITA DA SECRETARIA DE ESTADO DE TURISMO, ROSANA MORILLO, A QUEN TRASLADARON AS SÚAS PROPOSTAS PARA O “RESCATE URXENTE” DO TERMALISMO

Morillo estivo acompañada do Delegado de Goberno, José Miñones, do Subdelegado de Goberno, Emilio González, do candidato á Alcaldía, Paco Rodríguez e de deputados provinciais, concelleiros e concelleiras

Os socialistas ourensáns reclamaron a posta en valor do potencial termal da cidade e da provincia e denunciaron o abandono termal que padece Ourense polo desleixo do goberno local e autonómico

Ourense, 8 de febreiro de 2023. O PSdeG-PSOE de Ourense recibiu esta mañá a visita da secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, a quen as e os socialistas deron traslado das súas propostas para o “rescate urxente” do termalismo na cidade e na provincia.

De esquerda a dereita: Os concelleiros Borja Trigás, Concha García e Rafa Villarino (tamén deputado provincial); o subdelegado do Goberno, Emilio González; a secretaria de Estado, Rosana Morillo; o delegado do Goberno, José Miñones; o candidato á Alcaldía de Ourense, Paco Rodríguez; a voceira municipal, Natalia González e o deputado provincial, Diego Fernández.

Morillo estivo acompañada do Delegado de Goberno, José Miñones, do Subdelegado de Goberno, Emilio González, do candidato á Alcaldía de Ourense, Paco Rodríguez, dos deputados provinciais Rafa Villarino e Diego Fernández e dos edís Natalia González, Borja Trigás e Concha García.

Nunha visita ás Burgas, os socialistas ourensáns  reclamaron a posta en valor do potencial termal da cidade e da provincia e denunciaron o abandono termal que padece Ourense polo desleixo do Goberno local e autonómico ao tempo que lembraron o compromiso do Goberno central nesta materia con obras coma a variante norte, o investimento máis importante da historia na terceira cidade de Galicia, que permitirá impulsar o ansiado bulevar termal.