concellos Parlamento de Galicia

Carmen Rodríguez Dacosta logra que se traslade a actualización dos datos das fincas permutadas

O GRUPO SOCIALISTA LOGRA QUE SE TRASLADE A ACTUALIZACIÓN DOS DATOS RELATIVOS ÁS FINCAS PERMUTADAS Á ENTIDADE RESPONSABLE DA ELABORACIÓN E MANTEMENTO DO CATASTRO RÚSTICO

Carmen Rodríguez Dacosta defende que deste xeito promoven o emprego das permutas que son esenciais para a recuperación do terreo agrícola útil no canto de reverter o abandono do rural

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2023. A parlamentaria do grupo socialista Carmen Rodríguez Dacosta logrou que se incorpore á proposición non de lei do grupo popular a súa emenda para que se traslade a entidade responsable da elaboración e mantemento do catastro rústica a actualización dos datos relativos ás fincas permutadas.

A deputada socialista defendeu que este tipo de medidas que favorecen a implantación de técnicas de recuperación do solo agrario para a súa explotación, sendo a permuta a máis “áxil e económica”, axudan na loita contra o abandono do rural.

Sendo que é “constatable” que o rural galego está inmerso nun proceso de abandono. Dacosta destacou que no ano 2020 había 9.000 hectáreas perdidas de superficie agraria o que significa o mesmo que a superficie da cidade de Ourense. E nas últimas tres décadas se perdeu un terzo da superficie agraria, o que os expertos alertan que é unha gran perda de riqueza.

Carmen Rodríguez Dacosta remarcou que en Galicia hai un 20% de superficie agraria útil, unha das máis baixas de Europa, mesmo en Francia teñen un 40% de solo útil destacou. Mentres tanto, con estes datos na man, recordou que importamos 358 millóns de euros anuais en vexetais e cereais. Unha situación paradigmática que tamén provoca, xunto a outros factores, que o rural galego cada vez teña menos poboación.

A pesar de non incorporarse na súa emenda, a socialista tamén quixo instar ao goberno galego a que AGADER “non só se faga cargo dos gastos notariais, senón tamén da elaboración e actualización dos datos resultantes das permutas de acordo co artigo 21 da propia Lei de recuperación da terra agraria á que se refiren os populares na súa iniciativa.

Tamén instou á Xunta a que complete en todos os casos as parcelas rústicas enclavadas con fincas no Banco de Terras ata o 20% que posibilite a permuta, ademais reclamou que a administración autonómica non prolongue innecesariamente os procesos de concentración parcelaria, poñendo o exemplo da parroquia de Cartelle.