Executiva Provincial de Ourense Municipais 2023

Respaldamos todas as demandas dos empresarios e empresarias do polígono de San Cibrao

O CANDIDATO Á ALCALDÍA DE SAN CIBRAO, RAFA VILLARINO, AMOSA «TODO O APOIO” AOS EMPRESARIOS DO CINTO INDUSTRIAL PARA RECLAMAR AS SÚAS DEMANDAS A XUNTA E GOBERNO CENTRAL

Anunciaron que o PSdeG-PSOE abrirá en Bruxelas unha oficina de representación da Deputación ourensá, para captar financiamento “sobre o terreo” destinado a investimentos públicos e privados

Comprometéronse a axilizar melloras no transporte; a impulsar a terminal ferroviaria de mercancías cofinanciada por Xunta e Goberno central ou a executar a prolongación da conexión coa A-52

San Cibrao das Viñas, 18 de abril de 2023. O candidato á alcaldía de San Cibrao das Viñas e secretario provincial do PSdeG-PSOE, Rafa Villarino, confirmou hoxe “todo o seu apopio” aos empresarios e empresarias do polígono de San Cibrao, para reclamar á Xunta e ao Goberno central “todas as súas demandas, sempre dunha forma construtiva”, co fin primordial de “captar investimentos públicos e privados que permitan reforzar a posición desta gran área como a maior de Galicia”.

Ao encontro cos representantes desta zona empresarial que aglutina a case 13.000 traballadores e traballadoras, tamén asistiron o secretario provincial de Industria e Desenvolvemento do PSdeG-PSOE, Darío Barros; e o secretario provincial de Relacións Internacionais, David Alvarado.

Durante a reunión, os e as socialistas confirmaron o seu apoio ás demandas clave como a nova depuradora deste municipio; a prolongación do enlace coa autovía A-52 hasta o Parque Tecnolóxico de Galicia; a mellora da mobilidade a través da extensión do servizo de transporte urbano da capital á primeira corona da área metropolitana ou a execución da terminal ferroviaria de mercancías. No caso deste último proxecto, desde o PSdG-PSOE trasladaron a proposta de que sexa cofinanciada pola Xunta e polo Goberno central, tal e como está a suceder na provincia de Pontevedra na Plisan.

Tamén anunciaron a intención de abrir en Bruxelas unha oficina de representación permanente da Deputación Provincial, co fin de captar financiamento comunitario “sobre o terreo” e “da forma máis eficiente posible”, tanto para investimentos públicos na provincia como para a o impulso de proxectos industriais privados.

Villarino afondou na “imperiosa necesidade” de constituir un instrumento de colaboración provincial, co fin de canalizar os trámites para lograr financiamento a proxectos empresariais susceptibles de ser cofinanciados pola Unión Europea a través de fondos Next Generation o de calquera outro programa similar. “É unha necesidade que xa trasladamos aos responsables da institución hai un ano e que, no caso de gobernar a partir de xuño, faremos efectiva inmediatamente», aseverou.

O candidato e secretario provincial explicou tamén que, desde hai meses, reclama aos gobernos autonómico e nacional “non marxinar a Ourense na promoción e impulso a novos investimentos de carácter industrial”, polo que “pide e seguirá a pedir” á Xunta e á Moncloa “proxectos de interese autonómico ou nacional como os que se están a tramitar para outras provincias”. Tamén «intercederá desde as entidades locais para que proxectos deste sector, cofinanciados mediante acordos económicos públicos-privados, sexan localizados en Ourense”.

Desde o PSdeG-PSOE incidiron por último no impulso da “transición enerxética e a dixitalización” do sector empresarial e industrial, “porque non hai outra opción” ante os “novos retos tecnolóxicos e comerciais”, unha estratexia que definen como a «única» que serviría de “pulo transversal” para relanzar a economía e a demografía da provincia a través da consolidación deste cinto empresarial ourensán.