O PSDEG-PSOE DE OURENSE COMPROMÉTESE A CUADRUPLICAR OS FONDOS DA UNIÓN EUROPEA QUE RECIBA A CIDADE A TRAVÉS DUNHA OFICINA QUE PLANIFIQUE OS PROXECTOS FINANCIABLES
“É o momento de avanzar en mobilidade, na integración urbana, nun transporte metropolitano. Para iso vai a haber cartos de europa”, anunciou o eurodiputado Nicolás González Casares
“Precisamos unha maior coordinación e planificación porque actualmente o que estamos facendo é perder cartos e tempo”, indicou ante as oportunidades desaproveitadas a integrante da candidatura María Fernández
Ourense, 5 de maio de 2023. O eurodiputado do PSdeG-PSOE, Nicolás González Casares; o aspirante á alcaldía da cidade do mesmo partido, Paco Rodríguez, as integrantes da candidatura, María Fernández e Alba Iglesias; a secretaria xeral da formación en Ourense, Natalia González; a secretaria de políticas sociais, Marga Martín; e a deputada no Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez, recorreron o casco histórico da cidade para falar dos fondos europeos cos que se poderían rehabilitar e recuperar esta zona tan degrada.
“Os que non somos de Ourense, pero queremos moito a esta cidade, tamén estamos fartos de que sexa noticia por cousas que nada teñen que ver co benestar da súa xente, por un presidente da Deputación e un alcalde que saen polas súas falcatruadas nos medios de comunicación”, afirmou o eurodiputado.
Nesta liña, lamentou o abandono que padecen os habitantes por parte da actual Administración autonómica e municipal e destacou que as institucións da UE están abertas a recibir propostas serias como as que inclúe o candidato á alcaldía, Paco Rodríguez, no seu programa electoral. “É o momento de avanzar en mobilidade, na integración urbana, nun transporte metropolitano. Para iso vai a haber cartos de europa. E tamén para unha transición enerxética que ten que ser democratizada nas vilas e nas cidades”, explicou.
“Ourense ten enormes recursos renovables. Recursos na propia cidade que teñen que ser aproveitados. A ninguén se lle escapa que este é un sitio onde dá o sol e que se poden crear comunidades enerxéticas municipais que den servizo aos cidadáns e axuden a que a enerxía para os máis vulnerables sexa máis barata. Hai posibilidade tamén de avanzar na xeotermia e que de verdade se aproveite unha das fontes de enerxía renovable máis importantes”, remarcou.
Pola súa banda, a número catro da lista coa que os socialistas concorren ás vindeiras eleccións locais, María Fenández, incidiu en que as iniciativas presentadas esta semana polo PSdeG-PSOE para recuperar o casco histórico son ambiciosas e perfectamente asumibles se se xestionan e tramitan adecuadamente as diferentes liñas de fondos da Unión Europea.

“É impresicindible que comecemos a falar de territorio, de recursos, de eficiencia enerxética e incluso de economía circular. Dende o ano pasado e, en principio ata o 2026, gracias ao Goberno de Pedro Sánchez contamos cun importante investimento e financiación pública. Pero precisamos unha maior coordinación e planificación porque actualmente o que estamos facendo é perder cartos e tempo”, indicou ante as oportunidades desaproveitadas.
Segundo explicaron os socialistas, se os cidadáns lles outorgan a súa confianza o vindeiro 28 de maio para chegar á alcaldía, comprométense a crear unha oficina de proxectos na que traballe un equipo de técnicos adicado ao seguimento dos fondos europeos activos e a programar e planificar as actuacións financiables en materia de axenda urbana, mobilidade sostible e turismo e termalismo. “Non podemos perder nin un minuto, nin un euro”, rematou a candidata.
Paco Rodríguez, aspirante á alcaldía de Ourense, apoiou as súas palabras sinalando a importancia de proxectar en positivo cara ao futuro e comezar a traballar desde xa. “Non podemos permitirnos o luxo de seguir exportando á nosa xuventude porque aquí non atopen ninguna posibilidade de desenvolverse laboralmente e teñan que marchar a outras comunidades autónomas ou países
Sobre as multas de coches oficiais
Preguntado polos medios de comunicación sobre a infraccións de José Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome ao volante, Paco Rodríguez respondeu: “A min gustaríame que esta cidade avanzase tan rápido como circulan estas personas cos coches, pero lamentablemente a velocidade que progreso que levamos e bastante inferior á velocidade de cruceiro que levan eles”.