Concello de Ourense

Defendemos a renovación do CEIP Manuel Luis Acuña e a restauración da igrexa de San Francico

AS socialistas de ourense defenden a renovación dos centros educativos e o abandono da igrexa de san francisco e denuncian a perda de oportunidades por falta de iniciativa política do goberno de jácome

Ourense debe seguir avanzando cara o futuro. É vergoñento que mun colexio público da terceira cidade de Galicia nenos e nenas estén a dar clase con frío e con risco para a súa seguridade” afondou a voceira do PSdeG, Natalia González

No que respecta ao Patrimonio, as socialistas defenden que o Concello non pode seguir perdendo fondos do Goberno de España nin oportunidades histórica, como xa aconteceu coa Cadea Vella e que presente un proxecto serio ao 2% cultural para evitar o abandono da igrexa de San Francisco

Ourense, 2 de febreiro de 2026O Grupo Municipal Socialista defenderá no pleno do Concello do vindeiro venres dúas cuestións moi claras e concretas: a educación e o patrimonio. Dous ámbitos nos que as socialistas poñen de manifesto que “Ourense está a pagar as consecuencias da deixadez e da falta de prioridades do Goberno municipal”.

A voceira municipal, Natalia González, anunciou esta mañá en rolda de prensa que as iniciativas plantexadas polas socialistas son “problemas reais, que afectan á vida diaria da xente, e tamén oportunidades que se están a perder por falta de iniciativa política que o Goberno municipal se empeña en amosarnos cada día; a última o pasado sábado. Cando as administracións non actúan, quen perde é Ourense.”

Por iso, as socialistas consideran fundamental que Ourense siga avanzando cara o futuro e tildan de vergoñento que “un colexio público da terceira cidade de Galicia nenos e nenas estén a dar clase con frío e con risco para a súa seguridade”.

Neste senso, as socialistas defenden unha iniciativa para a renovación integral do CEIP Manuel Luis Acuña, que está nunha situación absolutamente intolerable para unha cidade que di apostar pola educación pública.

“As nais e pais levan meses —por non dicir anos— denunciando unha realidade que xa non se pode agochar: aulas pechadas por humidades, fiestras que non pechan, entrada continua de auga, problemas eléctricos e cortes de calefacción. Falamos de nenos e nenas de entre 4 e 12 anos que teñen que estar nas aulas e no comedor co abrigo posto porque non se pode garantir unha temperatura mínima digna.” explican as socialistas.

Todo isto acontece polo abandono e a falta de vontade da Xunta de Galicia que despois de 3 anos de anuncios grandilocuentes “non hai nin obras, nin prazos, nin explicacións.” no seu plan de desmantelamento e peche dos centros educativos públicos.

Ademais o Concello de Ourense que é responsable do mantemento do centro respondeu con “actuacións improvisadas e ineficaces”: baños apuntalados con pupitres, muros con risco de derrubamento e instalacións que se manteñen grazas á vontade doprofesorado.

No que respecta ao Patrimonio, as socialistas defenden que o Concello non pode seguir perdendo fondos do Goberno de España nin oportunidades histórica, como xa aconteceu coa Cadea Vella. Por iso, instan Goberno municipal a que presente un proxecto serio para a renovación da antiga igrexa do Convento e San Francisco – a única peza que falta por renovar entre o arquivo histórico e a Biblioteca Nós e que agora mesmo está a sufrir o abandono do patrimonio histórico dun Ben de Interese Cultural desde 1951, situado nun enclave emblemático e que segue derrubado e valado.

“Ourense non pode permitirse perder máis tempo. Ou se goberna para mellorar a vida da xente, ou se asumen as consecuencias de non facelo.”