Infraestruturas

Esiximos a licitación do AVE entre Taboadela e Ourense e o fin das mentiras do PP

O PSDEG-PSOE RECLAMA A LICITACIÓN INMEDIATA DAS OBRAS DO TREN DE ALTA VELOCIDADE ENTRE TABOADELA E OURENSE TRAS SER FORMULADA A DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL PENDENTE

O Ministerio de Medio Ambiente formulou e enviou o Boletín Oficial do Estado a DIA do tramo entre Taboadela-Seixalvo o pasado martes, polo que a obra pode ser licitada de inmediato

O portavoz provincial, Francisco Fraga, esixe ó PP que “paralice o atraso deliberado das obras ata 2019 que figura nos orzamentos, se deixe de mentiras burdas e se poña a licitar xa o tramo final do AVE”

Ourense, 16 de xuño de 2017. O PSdeG-PSOE reclama a licitación inmediata das obras do tren de alta velocidade entre Taboadela e Ourense, tras ser formulada e enviada o Boletín Oficial del Estado (BOE) a declaración de impacto ambiental (DIA) que aínda estaba pendente do subtramo Taboadela-Seixalvo. Os socialistas esixen que o PP se deixe de escusas baratas e se poña a licitar pois, unha vez formulada esta DIA, non hai ningún impedimento técnico que imposibilite a realización das obras destes 17 kilómetros de ferrocarril que o PP se empeña en adiar deliberadamente para aforrar e meter o tren de alta velocidade polo vello trazado que atravesa a terceira cidade de Galicia.

O pasado martes día 13, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente formulou a DIA do tramo Taboadela-Seixalvo. O documento co número de expediente 20150129 xa foi enviado ó BOE e nos vindeiros días será publicitado, tal e como esixe a lexislación. Con este trámite quedan superadas todas as trabas que impedían licitar as necesarias obras que completarán a alta velocidade galega e que afectan á toda a provincia ourensá, xa que o tratarse dunha DIA formulada sobre un proxecto construtivo, xa se pode proceder á licitación.

O voceiro provincial do PSdeG-PSOE, Francisco Fraga, esixe ó PP que se deixe de “escusas baratas e se poña a licitar de inmediato as obras dos últimos 17 kilómetros da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia”. Nos Orzamentos Xerais do Estado de 2017 que están a ser tramitados nas Cortes Xerais, o PP atrasa deliberadamente o inicio desta obra clave ata o ano 2019 ou 2020. “Agora xa non hai impedimentos para cumprir a palabra e o atraso deliberado que figura nos orzamentos é unha burda mentira para meter o AVE polo medio da cidade indefinidamente, recortando e marxinando a Ourense unha vez mais”, advirte Fraga.

Deja un comentario