DEREITOS SOCIAIS

28 de xuño con moito orgullo

Día Internacional do Orgullo LGBT

O 28 de xuño afianzouse internacionalmente como a ocasión para a reivindicación global do orgullo e a dignidade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. Dende o PSdeG-PSOE na Deputación de Ourense temos claro que debemos seguir por este camiño iniciado con moito orgullo polo Partido Socialista Obrero Español. As políticas do PSOE son políticas para transformar cara a unha sociedade máis aberta e plural, que valore a diversidade e dea a cada cal o trato e recoñecemento que merece.

Hoxe, 28 de xuño, celébrase en todo o mundo o día do Orgullo LGTBI en recordo ás revoltas de Stonewall no Greenwich Village de Nova York en 1969 que supuxeron o nacemento do movemento de liberación gai, lésbico, transexual e bisexual (LGTB). A conmemoración dunha rebelión cidadá contra a inxustiza e a discriminación, que deu orixe a un movemento polos dereitos civís e os dereitos sexuais en todo o mundo.

A importancia das protestas daquela madrugada, do 28 de xuño de 1969, radica en que foi a primeira vez que o colectivo empezou a combater un sistema, legal, policial e social, que lles perseguía. Naquel pub marxinal e controlado pola mafia do Greenwich Village (que hoxe en día é monumento nacional en EE.UU) xurdiu espontaneamente o movemento moderno polos dereitos da poboación LGTBI.

As primeiras marchas do Orgullo, que podemos considerar como tales, xurdiron en conmemoración destes feitos ao ano seguinte nas cidades de Nova York e Los Ángeles, e aos poucos, o denominado Pride Parade foise convertendo nunha manifestación de reivindicación global. No noso país, este ano conmemoramos o 40 aniversario da primeira manifestación que o 26 de xuño de 1977 percorreu as rúas de Barcelona, baixo o lema “Nosaltres non tenim por, nosaltres som” (Nós non temos medo, nós somos) e que, encabezada por persoas trans, foi duramente reprimida pola policía. Aínda así, ao ano seguinte e do mesmo xeito que ocorrese no caso estadounidense, as manifestacións multiplicáronse e ademais de en Barcelona, tamén as houbo en Madrid e Bilbao.

É o xerme do que hoxe coñecemos como o movemento de liberación LGTBI, que durante 40 anos de loita pola igualdade de dereitos, conseguiu, polo menos no noso país, pasar dunha situación na que as persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais eran encarceradas en virtude da Lei de Perigo Social do franquismo (as últimas detencións por esta causa producíronse durante o Mundial de España en 1982) e manifestábanse esixindo “amnistía xa”, a outra moi distinta na que as leis non se fan para perseguir ao colectivo senón para garantir a igualdade de dereitos e as súas manifestacións son masivas e pacíficas. Este é o gran éxito de millóns de persoas activistas que durante estes 40 anos foron sinaladas, perseguidas, ameazadas, agredidas e detidas loitando pola igualdade e a liberdade.

Nestes 40 anos, España pasou de ser un país que perseguía a homosexualidade e a transexualidad, a converterse nun referente mundial nos dereitos de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuales. Este cambio radical foise fraguando grazas a numerosas leis, que durante os anos 90 e a primeira década do novo milenio, foron encamiñadas á igualdade real das persoas LGTBI.

LOGO LGTBI PSOE

Comezando pola Lei de Arrendamentos Urbanos do Goberno socialista de Felipe González que recoñecía, por primeira vez en 1993, dereitos ás parellas homosexuais, e que, en 1995 incluía no Código penal a homofobia como constitutiva de delito de odio. Xa co goberno de José Luís Rodríguez Zapatero, chegarían as leis do matrimonio igualitario (2005), e de Identidade de xénero (2007), que encumbraron a España como país pioneiro en dereitos, comezando así unha nova etapa. Estas medidas foron imitadas a día de hoxe pola maioría de países occidentais para protexer os dereitos da poboación LGTBI.

Este ano o noso país celebra o World Pride e o Europride en Madrid, un encontro mundial para reivindicar a igualdade de dereitos do colectivo LGTBI a nivel global e que culminará coa que se espera que sexa a maior manifestación da historia do movemento LGTBI, baixo o lema “Polos dereitos LGTBI en todo o mundo”.

É fundamental realizar este tipo de convocatorias mundiais e locais de reivindicación, protesta e apoio a todas aquelas persoas que, ao longo do mundo seguen sendo perseguidas, encarceradas, agredidas e mesmo asasinadas debido á súa orientación sexual e a súa identidade de xénero. De feito, segundo o último informe anual de ILGA, (State Sponsored Homophobia Report 2017) a homosexualidade e a transexualidad están criminalizadan aínda en 71 Estados e son castigadas con pena de morte en 13 (aínda que esta práctica non é aplicada en 5).

Ademais destes preocupantes datos, non debemos esquecer a situación extrema que se está vivindo en Chechenia (Rusia), onde o Estado, segundo denuncian numerosas asociacións prol-dereitos humanos e medios de comunicación, emprendeu unha campaña de persecución, torturas, detención ilegal en centros de concentración, e asasinato sumario (polo menos hai 5 confirmados) de homosexuais. É necesario que a Comunidade Internacional realice cantas medidas de presión sexan necesarias para garantir o cesamento desta situación que atenta gravemente contra os Dereitos Humanos.

Un ano máis, queremos manifestar o noso apoio e agradecemento ás organizacións LGTBI, e felicitar neste día do Orgullo, a todas as mulleres e homes activistas que co seu compromiso, valentía e convicción seguen traballando en todo o mundo por unha sociedade libre de toda discriminación e exclusión baseada na orientación sexual e a identidade de xénero.

Finalmente, queremos convocar á militancia socialista e a toda a cidadanía a que participe activamente nas manifestacións e actos convocados polas organizacións LGTBI en toda España, e especialmente á manifestación do World Pride que terá lugar o vindeiro sábado 1 de xullo en Madrid.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s