INICIATIVAS SERVIZOS PÚBLICOS

Os socialistas impulsan medidas para que a Deputación se implique fronte a seca

O PSDEG-PSOE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE RECLAMA AXUDAS PARA PALIAR OS EFECTOS DA SECA NO ABASTECEMENTO PARA CONSUMO HUMANO, GANDERÍA E AGRO

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ven alertando nas últimas semanas sobre o inminente perigo de desabastecemento de auga en moitos núcleos pequenos da provincia

Outra moción dos socialistas reclama a implicación da Deputación e da Xunta na elaboración da versión definitiva do Plan de Transporte Público de Galicia que debe entrar en vigor en 2019

Ourense, 29 de xuño de 2017. O PSdeG-PSOE reclamará, no pleno Deputación de Ourense que se celebra o venres 30 de xuño, axudas inmediatas para paliar os efectos da seca no abastecemento para o consumo humano e tamén para a gandería e o agro. Ante os problemas dos que ven alertando a Confederación Hidrográfica Miño-Sil nas últimas semanas, sobre o inminente perigo de desabastecemento de auga en núcleos pequenos de toda Galicia xa que a conca está 40 % por baixo das precipitacións habituais no ano hidrolóxico. Ante esta grave situación, os socialistas queren que a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense habiliten unha liña de axudas destinada a subvencionar as obras dirixidas á procura de solucións para o abastecemento. Tamén reclamarán a posta en marcha, de xeito inmediato, dun grupo de traballo cos concellos das zonas afectadas que avalíe a adopción urxente de medidas para asegurar o abastecemento.

O problema é acuciante e ten moi preocupados os empresarios do sector pero tamén ós alcaldes e alcaldesas e, por iso, a A Fegamp lle solicitou á Xunta unha liña de axudas destinadas ós municipios para que se subvencionen obras dirixidas a buscar novos mananciais ou resolver os problemas de abastecemento. O PSdeG-PSOE considera que a Deputación de Ourense, como goberno provincial e goberno maior das entidades locais, debe implicarse activamente nesta cuestión que afecta directamente ós cidadáns mais tamén a importantes sectores produtivos da economía local como o agro e a gandería.

Melloras para o Plan de Transporte Público de Galicia

No pleno tamén se tratará outro asunto de candente actualidade que está a provocar queixas cidadáns e empresas: o novo Plan de Transporte Público de Galicia. O PSdeG-PSOE da provincia de Ourense ven de realizar unha serie de contactos con representantes das comarcas nos que quedou claro que este plan é insuficiente e non resposta ás necesidades dos veciños e veciñas. E, por iso, se debaterá unha moción socialista na que se reclama a implicación técnica da Deputación de Ourense para a mellora dos servizos definitivos do Plan de Transporte Público de Galicia que deberán entrar en vigor no ano 2019, así como a creación de mesas de diálogo nas que participen todos concellos ourensáns, agrupados por comarcas, e nas que a Deputación coordine a elaboración dun programa de necesidades de mobilidade inter e intracomarcal da provincia para o novo plan.

Os socialistas consideran que a Xunta e a Deputación deben traballar para garantir o servizo e dar estabilidade e o plan provisional presentado pola Consellería de Infraestruturas non garantirá o servizo e tampouco permitirá dar estabilidade ó transporte do rural, segundo manifestaron publicamente numerosos alcaldes e responsables locais durante o período de alegacións, xa que o seu planeamento e desenvolvemento está a ser deficiente. Dende o PSdeG-PSOE recordan que é responsabilidade legal da Xunta elaborar unha resposta axeitada ás necesidades de mobilidade de todos os veciños e veciñas das mais de 30.000 entidades de poboación de Galicia e, tal e como recentemente aprobou o Parlamento de Galicia, as deputacións provinciais deben implicarse activamente nese traballo.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s