CORRUPCIÓN

Baltar debe dimitir tras certificar a xustiza nun auto que ofreceu emprego público a cambio de sexo

O PSDEG-PSOE COIDA QUE MANUEL BALTAR DEBE DIMITIR TRAS CERTIFICAR POR ESCRITO A XUSTIZA QUE OFRECEU EMPREGO PÚBLICO A CAMBIO DE FAVORES SEXUAIS

Ourense, 26 de maio de 2017. Despois de coñecer o auto no que a xustiza certifica que o presidente da Deputación de Ourense ofreceu un posto de traballo público a cambio de “favores sexuais” sen respectar o procedementos legais de contratación, os socialistas insisten en que é hora de que, tanto o PP coma o propio Baltar, ofrezan explicacións formais á cidadanía desta provincia pola súa falta de exemplaridade e ausencia de ética pública no exercicio de cargo representativo. Os socialistas respectan a decisión de arquivar provisionalmente o caso mais consideran que Baltar debe comparecer publicamente para explicar por qué ofreceu enchufes a cambio de sexo e, tamén, para asumir responsabilidades.

Ó marxe das cuestións legais que debe ditaminar a xustiza, segundo sinalou o Portavoz socialista, Francisco Fraga: “A maiores de dar as explicacións oportunas e necesarias así coma asumir as súas responsabilidades, entendemos que Vostede debe dimitir porque o que vivimos non só dana a súa imaxe, senón tamén a desta institución e provincia.Temos unha provincia con moitas necesidades, desafortunadamente os datos son teimudos e, pleno tras pleno, vemos o mesmo lamento e a mesma realidade: perdemos poboación, perdemos servizos, desangrándonos lentamente, por unha ferida que non se cura. Procure non facernos perder o tempo cos seus asuntos”.

O PSdeG-PSOE coida que o presidente da Deputación debe dimitir xa que esa actitude detallada nun auto incumpre flagrantemente o código ético que el mesmo aprobou, vulnerando os principios de “integridade, exemplaridade, imparcialidade ou honestidade” e incumprindo manifestamente mandatos do código como evitar condutas que “poidan prexudicar a imaxe da organización que representa ante a cidadanía ou a afectar á súa reputación institucional” ou “non utilizar en ningún caso a súa posición institucional co fin de obter vantaxes para si ou procurar vantaxes ou desvantaxes para calquera outra persoa ou entidade”. Os socialistas creen que a imaxe e o nome da Deputación queda gravemente danado cos feitos relatados nese auto xudicial.

A xuíza da por probado que Baltar “acepta de Teresa F. un favor de natureza sexual para realizar, no exercicio do seu cargo, unha acción ou omisión (nomeamento da mesma para un emprego público sen os requisitos legalmente establecidos para elo) pois José Manuel Baltar Blanco comprometíase a facer o posible para facilitar a Teresa a obtención dun traballo sen cumprir os requisitos legais”.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s