SERVIZOS PÚBLICOS

A oposición da Deputación mediará para que Augas de Galicia reciba á comisión intermunicipal polo bombeo

OS GRUPOS DA OPOSICIÓN DA DEPUTACIÓN DE OURENSE MEDIARÁN PARA QUE AUGAS DE GALICIA DEIXE AS ESCUSAS E RECIBA Á COMISIÓN POLO BOMBEO RAZAMONDE-SAN TROCADO                           

A dirección de Augas de Galicia, entidade pública empresarial, rexeitou manter un encontro cos representantes veciñais despois dun carrusel de escusas  alegando unha suposta falta de competencia

A comisión intermunicipal analizou polo miúdo os detalles da obra e denuncia a existencia dunha “trama da auga” que implica á Deputación de Ourense para cubrir intereses políticos e personais


Ourense, 10 de xullo de 2017.
Todos os grupos políticos da oposición da Deputación de Ourense mediarán para que Augas de Galicia deixe de dar largas e reciba á comisión intermunicipal que investiga, dende hai ano e medio, irregularidades no sistema de bombeo de auga Razamonde-San Trocado, unha ampla zona que abrangue os concellos de Cenlle, San Amaro e Punxín nos que non se poden empregar os mananciais por estar intoxicados con arsénico.

A comisión quere analizar con Augas de Galicia –entidade pública empresarial dependente da Xunta que executou a obra cunha inversión que supera os 4 millóns de euros– irregularidades e avultados sobrecustes que detectou no funcionamento do sistema de bombeo dende 2009. Tras solicitar o encontro en numerosas ocasións e despois dun carrusel de escusas, a dirección da entidade respostou, hai uns días, que “non ten competencias en relación á explotación da obra”, xa que foi cedida ós concellos, explicando que calquera reclamación debe ser efectuada ós municipios que, a súa vez, delegaron na Deputación Provincial que, novamente, delegou a xestión na empresa mixta público-privada AquaOurense. Sen embargo, o pasado 2 de xuño, Javier Bobe, xefe do Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación, acotou as súas responsabilidades ó asegurar que as reclamacións deben ser tramitadas ante Augas de Galicia.

Mentres miles de euros públicos se esfuman a causa das deficiencias detectadas e as administracións implicadas botan balóns fora, os membros da comisión non se explican como o área de Medio Ambiente da Deputación de Ourense non é capaz de dar resposta concreta ás irregularidades e como tampouco foi capaz de detectar, durante anos, unha “fuga” de 100.000 metros cúbicos anuais a pesar de prestar asistencia técnica.

Entre as irregularidades detectadas destaca ese sobreabastecemento de auga duns 600.000 metros cúbicos (100.000 m3/ano) na primeira fase do bombeo que, segundo explicou o Concello de Cenlle, se corresponde cunha “fuga” que ninguén sabe onde está. A comisión explica que eses 600.000 metros cúbicos desaparecidos é o equivalente ó consumo de todos os habitantes de Cenlle nos próximos 18 anos. Sen embargo, a primeira fase do bombeo serve auga a 356 usuarios domésticos e o balneario de Laias, propiedade da Fundación San Rosendo, que é o único consumo industrial do municipio.

A comisión recorda que, anteriormente, outra agrupación veciñal (Punxín) mantivo encontros con Augas de Galicia sen que mediara proxecto algún, polo que non comprenden a negativa da dirección a recibir agora a esta representación intermunicipal. No encontro polo que a oposición vai mediar, pretenden analizar os sobrecustes económicos que os actuais xestores da bombeo queren xustificar con deficiencias no deseño da obra e, por iso, queren manter un encontro á maior brevidade posible con Augas de Galicia para aclarar esta situación, xa que os concellos implicados e a Deputación excluíron á comisión intermunicipal de calquera tipo de participación.

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s