INFRAESTRUCTURAS INICIATIVAS

Impulso á necesaria circunvalación de Ourense

O PSDEG-PSOE LOGRA QUE A DEPUTACIÓN ENCABECE UNHA BATERÍA DE MEDIDAS PARA IMPULSAR A CONSTRUCCIÓN DUNHA VÍA DE ALTA CAPACIDADE DE CIRVUNVALACIÓN NA ÁREA URBAANA DE OURENSE

A Deputación ourensá encabezará, grazas ós socialistas, unha batería de medidas para construír unha circunvalación na terceira cidade de Galicia, a única de España de máis de 100.000 habitantes sen ela

Ourense, 22 de decembro de 2017. A Deputación de Ourense posicionouse durante o pleno de decembro, grazas a unha iniciativa do PSdeG-PSOE, a favor de encabezar unha batatería de medidas para a construción dunha vía de alta capacidade de circunvalación da cidade de Ourense que, a súa vez, conecte a urbe cos concellos da contorna. Os socialistas detallaron que a terceira cidade de Galicia é a única de máis de 100.000 habitantes de toda España que carece desta infraestrutura vital para disuadir vehículos pasantes e axilizar movementos locais, o que permitiría pacificar o intenso tráfico interior e adoptar medidas importantes no ámbito da peonalización, mellora do transporte público ou no acceso á servizos básicos como hospitais ou polígonos industriais. A moción foi aprobada cos votos a favor de PSdeG-PSOE, PP e DO e a abstención do BNG.

A viceportavoz dos socialistas, Susana Rodríguez, detallou que que “os novos modelos de cidade céntranse no peón e afástanse do vehículo”, polo que é preciso afrontar esta infraestrutura como unha “actuación supramunicipal e por iso a deputación, como concello de concellos, debe pilotar esta reclamación e rematar así cunha marxinación que vén de lonxe”. “O plan viario sectorial da Xunta para a área urbana de Ourense ó que aluden vostedes, señores do PP, son unicamente un montón de liñas pintadas que carecen de orzamento algún.  Onde están os cartos?” interpelou Rodríguez. “Segundo o plan de mobilidade do Concello de Ourense hai máis de 282.000 viaxes diarias motorizadas na cidade, o que provoca que os ourensáns sexan os galegos e  galegas máis preocupados polo tráfico, segundo o IGE, ou que sexa a cidade galega con maior número de atropelos. É preciso executar esta infraestrutura canto antes o que permitirá solucionar estes problemas e conectar infraestruturas como hospitais ou polígonos que temos desconectados da súa contorna”, salientou a viceportavoz.

atasco trafico Ourense
Nova do diario ‘La Voz de Galicia’ que recolle retencións nos accesos á cidade de Ourense

A moción aprobada reclama que a Deputación “inste á Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento a planificar, dotar orzamentariamente e construír sen demora unha vía de circunvalación de alta capacidade na cidade de Ourense” e que “impulse un convenio-acordo marco de colaboración coa Xunta de Galicia, o Ministerio de Fomento e os concellos afectados para a construción e seguimento dunha vía de circunvalación de alta capacidade na cidade”. Por último, recorda que o plan ‘Conecta Ourense’ da propia Deputación determina que “o principal problema da área urbana é a fragmentación, a falta de vínculos (…) o que crea problemas de comunicación, cohesión e vinculación” e, por iso, solicita que este plan inclúa medidas concretas para a execución desta necesaria vía de alta capacidade.