Demografía INICIATIVAS

O PP impide impulsar unha estratexia contra o despoboamento de Ourense

O PP DE OURENSE VOTA EN CONTRA DE DUNHA ESTRATEXIA CONXUNTA DA DEPUTACIÓN XUNTO CON UE, XUNTA E GOBERNO CENTRAL PARA FREAR O PROCESO DE REGRESIÓN DEMOGRÁFICA DA PROVINCIA

Francisco Fraga criticou as gracietas e críticas do PP durante a moción que demandaba unha estratexia contra o despoboamento, partido ó que acusou de “quedarse no chascarrillo nun problema tan de fondo”

Ourense, 30 de novembro de 2018. O PP impediu hoxe, entre chascarrillos, que o pleno provincial da Deputación acordase impulsar unha estratexia para adoptar medidas urxentes contra os problemas de despoboamento e envellecemento. Ourense sofre un grave proceso de regresión demográfica cunha perda de máis de 123.000 habitantes nos últimos 40 anos (de 433.000 en 1977 pasouse a só 309.000 en xullo de 2018), un proceso agudizado nos últimos lustros, mais os conservadores dixeron non. A moción demandaba unha estratexia conxunta para que o organismo provincial reclame á UE, ó Goberno de España e á Xunta de Galicia, medidas concretas. Igualmente demandaba que a Deputación elabore un plan redactado por un novo consello con axentes políticos, económicos e sociais. Os puntos da iniciativa foron rexeitados no pleno por culpa da maioría de votos do PP. DO votou a favor e o BNG, abstención.

O portavoz, Francisco Fraga, criticou ó PP por ignorar a imperiosa necesidade desta estratexia e explicou que “temos este problema específico porque Ourense non está na fachada atlántica que é a que realmente medra”, e por iso, o PSdeG-PSOE defende a necesidade de “adoptor solucións específicas”. “Trátase de ofrecer solucións ás persoas que queren vivir no rural, porque sí, existen”, destacou. “A punto de rematar este mandato e logo de gastar 400 millóns nela, en qué mellorou esta provincia?”, denunciou antes de salientar que esta proposta “non trata de obrigar a ninguén a vivir no rural e do rural e sí de ofertar servizos e traballo para hacer atractivo rural, porque é unha necesidade que precisa de accións concretas”.

“Dudo que o PP entendera esta moción porque presenta tres cousas moi concretas”, replicou ós chances, gracietas e críticas dos conservadores durante o debate, partido ó que acusou de “quedarse no chascarrillo nun problema tan de fondo”. Fraga aseverou ó pleno provincial que “esta provincia xa non da saído por si soa desta pésima situación demográfica”, polo que os socialistas consideran necesario un traballo “urxente e conxunto” de todas as institucións que teñen competencias neste ámbito. O portavoz dixo que “non podemos seguir por este camiño que unicamente nos leva á desaparición” e pediu ós grupos aprobar a moción para determinar logo todas as medidas exactas no consello provincial proposto no texto

A moción rexeitada reclamaba un plan de acción que sexa avaliado anualmente, con medidas como axudas ós concellos para garantir os servizos; áreas para empresas; impulso do cooperativismo ou o incremento de escolas infantís adaptadas. O plan sería elaborado polo consello provincial constituído coa participación dos concellos e a sociedade civil dos territorios afectados, que elaborará cada ano a proposta de actuación para o exercicio seguinte.

Tamén estendía as demandas á Unión Europea ó reclamar un plan urxente con medidas inmediatas, primando que os fondos para desenvolvemento se destinen a estes territorios. O texto reclamaba do Goberno central que, ó mesmo tempo que se aproba a estratexia nacional contra a regresión demográfica, se poñan en marcha accións concretas como beneficios fiscais e nas cotas da seguridade social; nos prezos da electricidade, combustibles e telefonía, ou primas nos fondos para o financiamento dos concellos. Da Xunta pedíanse axudas para empresas locais e fomento do emprego; para asentar residentes nas zonas afectadas; para adecuar os servizos públicos ás peculiaridades destes territorios, ou favorecer a residentes destes territorios nas condicións de acceso a prestacións públicas.