Deputación de Ourense INICIATIVAS POLÍTICA PROVINCIAL

O PSdeG de Ourense quere evitar que Feijóo recorte nun 70% as axudas os camiños rurais

O PSDEG-PSOE IMPULSA UNHA INICIATIVA PARA EVITAR QUE FEIJÓO RECORTE NUN 70 % AS AXUDAS DA XUNTA PARA MELLORAR CAMIÑOS DOS AGRICULTORES

“Feijóo aplica un tesoirazo millonario inédito nestas axudas fundamentais para a mellora da competitividade do sector agrogandeiro de Ourense e toda Galicia”, denuncian os socialistas

A moción reclama á Xunta revertir o recorte no plan marco para o bienio 2020-2021 e insta á Deputación ourensá a suplementar os fondos suprimidos no caso de que Feijóo ignore a demanda

Ourense, 27 de febreiro de 2020. O PSdeG-PSOE impulsará maña venres unha iniciativa para evitar que Alberto Núñez Feijóo recorte nun 70 % as axudas da Xunta de Galicia para mellorar os accesos ás explotacións agrogandeiras de Ourense e de toda Galicia. A última convocatoria do goberno do PP para este plan de investimentos, ascende a só 1,3 millóns para toda a provincia (6 millóns en toda Galicia), cando no ano 2016 foron 4,5 millóns (20 millóns en toda a comunidade).

“A pesar de que ía ser a lexislatura do rural (sic), segundo manifestou en 2016 o presidente saínte, Núñez Feijóo, tras afirmar que ía comezar esta lexislatura cun proxecto de futuro no que apostaría pola calidade, a reestruturación e a diversificación do sector a través de grandes investimentos, o goberno galego aplica agora unha redución millonaria dos fondos para o desenvolvemento e potenciamento do rural”, denuncian os socialistas.

PLANORZAMENTO TOTALORZAMENTO OURENSE
201619.998.110 € ANUAL4.482.627 € ANUAL 
2017-201815.998.687 € DÚAS ANUALIDADES2017: 7.999.343,502018: 7.999.343,50 Non cofinanciamento FEADER3.684.588 € DÚAS ANUALIDADES 
2018-201915.998.687 € DÚAS ANUALIDADES2018: 7.999.343,502019: 7.999.343,50 Non cofinanciamento FEADER3.684.588 € DÚAS ANUALIDADES 
2020-202111.974.836,00 € DÚAS ANUALIDADES2020: 5.987.418,002021: 5.987.418,002.743.528 € DÚAS ANUALIDADES1.371.764 € ANUAL

O grupo socialista asevera que “cando os produtores agrogandeiros están a manifestar os seus problemas para poder sobrevivir do traballo e para facer rentables os produtos, non é de recibo unha redución destas axudas”. “Hai dúas formas de actuar: a de Feijóo e do PP, recortando salvaxemente cada ano, ou a do PSOE no Goberno central, que vén de aprobar nova lexislación en favor do sector e de inxectar máis fondos públicos”, salientan. “A Xunta recorta un instrumento fundamental para incrementar a produtividade, fomentar o progreso e optimizar factores de produción”, insisten, polo que “a Deputación de Ourense debe interceder polo ben dos nosos veciños e veciñas afectados ante o maior recorte de fondos para o rural dos últimos anos”.

A actual convocatoria suma 2,7 millóns en Ourense para os anos 2020 e 2021, un millón menos que o bienio anterior e un 70% que en 2016. Segundo manifestan moitos dos rexedores e rexedoras, estes fondos son fundamentais para executar demandas concretas da veciñanza posto que, en moitos casos, estes camiños tamen prestan outros servizos. Desde o PSdeG-PSOE sinalan que, ademais, “en moitos casos esta axuda é a única subvención que as entidades locais reciben directamente da administración autonómica, polo que aínda é menos comprensible que se aplique unha redución tan drástica”.

A distribución do plan foi consensuada coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Partindo dunha asignación fixa por municipio, o resto dos euros distribúense en función dos habitantes, a superficie do territorio, a taxa de despoboamento, o envellecemento ou a súa agrariedade. “Esta liña de recortes orzamentarios supón ademais que a Agader está a incumprir os seus obxectivos e a súa razón de ser, que é reforzar o tecido social e mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, promovendo a execución de obras de conservación e melloras das infraestruturas rurais”, afirman.

Ante estes feitos, o PSdeG-PSOE propón instar á Xunta de Galicia a “non recortar o plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas para o período 2020-2021”. Tamén pide que “a Deputación de Ourense, no caso de que o goberno de Feijóo manteña o recorte, aporte ós concellos da provincia os fondos suprimidos do plan”.