Concello de Ourense INICIATIVAS Política municipal

Feijóo incumpre promesas con Ourense e vende fume electoral

FEIJÓO É UN “LIQUIDADOR” DE GALICIA AO QUE SÓ LLE INTERESA OURENSE PARA “FACER CAMPAÑA” E “VENDER FUME” MENTRES ACUMULA ONCE ANOS DE INCUMPLIMENTOS COA CIDADE

Rafa Villarino destaca o “desleixo total coa atención primaria” nos 11 anos do PP ao fronte do goberno autonómico e insiste en que a Feijóo só lle interesa Ourense cando hai eleccións para “facer campaña”

Natalia González “agarda que o vindeiro 5 de abril haxa un novo goberno socialista na Xunta que mire para Ourense” e solucione a “incapacidade” de Feijóo

Ourense, 4 de Marzo de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia os once anos de “promesas incumpridas” do goberno de Feijóo e defenderá no pleno do vindeiro venres dúas mocións para que o Concello inste á Xunta de Galicia ó cumprimento dos compromisos acadados. Os socialistas reclaman que os populares sexan rigorosos e poñen de manifesto que o “2020 é o momento de que se desbloqueen os equipamentos e se solucionen os conflitos urbanísticos” que existen na actualidade, e instan a que ante a “incapacidade” de Feijóo de mirar por Ourense “o vindeiro 5 de abril haxa un novo goberno socialista na Xunta” para que a cidade ocupe o lugar que merece.

A vicevoceira socialista, Natalia González cualifica os  “once anos de Feijóo ao fronte do goberno autonómico foron once anos perdidos para Ourense, e engade que, durante os diferentes mandatos, a Xunta non deixou de acumular  “incumprimentos” en infraestruturas e obras “bloqueadas” das cales foron incapaces de desbloquear.

Entre os equipamentos paralizados polo goberno autonómico, os socialistas destacan; a construción e licitación dun CAPD de “xestión pública”- o cal leva 9 meses paralizado, pese a ter os terreos e que ven consignado con 3.5 millóns de euros nos orzamentos da Xunta; o Edificio Administrativo da Xunta, unha promesa anunciada xa con Jesús Vázquez ao fronte do consistorio e que o Concello non foi “capaz de atopar nin sequera unha parcela para a súa ubicación en 4 anos”, salienta González.  

Os socialistas destacan que “mentres” non son capaces de cumprir con eses centros xa consignados, o PP de Galicia segue “vendendo fume” e “anuncios electoralistas” como a Residencia de Maiores de Amancio Ortega. Un anuncio exclusivamente para tentar ocultar o seu “gran logro” que é a realización dunha estación de autobuses “afumando un centro de saúde saturado” e da cal saben que “os prazos non se poderán cumprir polas problemáticas urbanísticas da parcela” -a nome do Concello e os posibles dereitos dos antigos propietarios.

Ademais, os concelleiros socialistas explican a existencia de dous conflitos urbanísticos entre “Xunta e Concello” que non son capaces de avanzar e nos que a Xunta se “pon de perfil” mentres se pasan a “pelota” entre Jácome e Feijóo. O primeiro é a beirarrúa da Ponte Romana, unha zona completamente “desleixada” e cun risco importante na que ningún dos dous organismos foi quen de solucionar durante 18 meses, explica Wilson Jones. E o conflito existente coa realización do SkatePark no parque do Couto en contra da “vontade veciñal” e sen estudar unha “posible alternativa” mentres a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, ven a Ourense a facer anuncios electorais sobre a “2ª fase da remodelación da Ponte Romana” se importarlles sequera a opinión da veciñanza.  

fb62fc6b-2f79-45a7-88a0-e5cbee16fa05.JPG

Centros de saúde do Vinteún e Mariñamansa sen “intención”, nin “vontade”, nin “cartos”

O voceiro socialista, Rafa Villarino, tilda ao Presidente da Xunta de ser un “liquidador” de Galicia e de Ourense ata o extremo de por ao fronte da cidade a un alcalde “letal”, especialmente no que a sanidade pública se refire. Villarino destaca o “desleixo total coa atención primaria” nos 11 anos do PP ao fronte do goberno autonómico e insiste en que a Feijóo só lle interesa Ourense  cando hai eleccións para “facer campaña”. A realidade é que 11 anos despois non se fixo nada coa atención primaria deses centros (Vinteún e Mariñamansa), “que non veña en eleccións a dicir a Ourense que lle preocupa a sanidade pública cando foi na antesala de precampaña o momento no que Verín non pechou e se retomou o servizo de hemodinámica”, conclúe Villarino.

Os socialistas solicitan o compromiso da Xunta para analizar tódalas necesidades dos centros de saúde da cidade deixando tódalas eivas cubertas e a Igualdade ten que estar coa atención primaria en tódalas partes da cidade. Dende o ano 2010 están paralizados tanto a realización do Centro  de saúde de A Cuña e o Vinteún antes as reclamacións veciñais sobre a necesidade de construír ámbolos dous centros de saúde para a mellora da atención primaria da cidade

Dende o seo socialista destacan que existe unha “alternativa” e contemplan como unha “prioridade do goberno socialista” a sanidade pública. A sanidade é a gran materia dos socialistas mentres os demais a base de recortes e non facer nada dedícanse a loubarse e facer campaña á súa costa intentando enganar, aseguran. 

Saúdos.