Concello de Ourense Política municipal

PP e DO rexeitan pór en valor a sanidade pública

O PP DESMONTA A ATENCIÓN PRIMARIA EN OURENSE REXEITANDO O COMPROMISO COS CENTROS DE SAÚDE DE O VINTEÚN E MARIÑAMANSA

Os socialistas acadan a unanimidade do pleno para que se inste á Xunta de Galicia á reforma integral e urxente do campo de fútbol de O Couto

A vicevoceira, Natalia González, defende a decisión dos socialistas de non abandonar o pleno por “responsabilidade política” e o “compromiso coa veciñanza”

Ourense, 6 de marzo de 2020. O Partido Socialista vota en contra do “dispendio” que supón o réxime retributivo da creación da praza de director xeral de Intelixencia Artificial. Un posto “creado a dedo” e cuns complementos equiparados aos do Subdelegado do Goberno, mentres o Concello aumenta os periodos de pago a proveedores, tal e como asegura o socialista Rafa Villarino.

A vicevoceira, Natalia González, puxo de manifesto a necesidade de quedarse na sesión plenaria, despois do abandono dos concelleiros de Ciudadanos e BNG, reivindicando a importancia das mocións a tratar e por unha cuestión de  “responsabilidade política” coa veciñanza da cidade.

O PP desmonta a sanidade e a atención primaria en Ourense rexeitando o grupo de goberno –PP e DO- o compromiso cos centros de saúde de Vinteún e Mariñamansa (14 votos en contra e 13 a favor- PSOE, BNG e CS). O voceiro, Rafa Villarino, destacou que desde que no 2009 o PSOE propuxera as reformas do centro de saúde de Mariñamansa, escoitando as asociacións veciñais, e a necesidade de crear un centro de saúde no Vinteún para desconxestionar o da Ponte, e engadiu que  “o PP nada fixo en 10 anos que Ourense leva sendo discriminado polo Partido Popular” pese o compromiso e empurre que levou por bandeira o Partido Socialista e finaliza que “o Concello nin pon a dispor, nin ten gañas de por en valor a atención primaria e a sanidade pública”.

Unanimidade para a reforma do Campo de fútbol de O Couto

Os socialistas acadaron a unanimidade do pleno para que se inste á Xunta á reforma integral e urxente do campo de fútbol de O Couto cos votos a favor de PP e Democracia Ourensana. O concelleiro socialista,  Borja Trigás, puxo en valor  a “deplorable situación na que teñen que xogar os dous equipos máis importantes da terceira cidade galega e que xogan en tercceira división”, así como “o desleixo por parte do goberno que ven acumulando o campo”. Tamén acusou ó goberno “de querer apropiarse das iniciativas que levan os socialistas ao Consello Municipal de Deportes” tal e como consta na acta do pasado 13 de febreiro, cando o socialista puxo a cuestión por riba da mesa. Unha moción tildada polo concelleiro de deportes, Mario Guede, como “populista”.

Rexeito e “demagoxia” da concelleira de urbanismo cos dotamentos paralizados pola Xunta

Partido Popular e Democracia Ourensana votaron en contra da moción socialista sobre os equipamentos dotacionais (CAPD, Centro de Maiores de Amancio Ortega, edificio administrativo da Xunta, beirarrúa da Ponte Romana, SkatePark no Parque de O Couto) paralizados pola Xunta de Galicia, facendo demagoxia e alegando a “compromisos inexistentes” cunhas dotacións totalmente paralizadas.  Despois de que se tildase a moción como unha “perda de tempo”, por parte da concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, tras votar o  seu partido en contra da realización dos centros de saúde que precisa a cidade.

 A concelleira socialista, Natalia González, acusou a Ogando de non ter o valor de “plantarlle cara ás ocorrencias do alcalde” como concelleira de Urbanismo cando este interfire nas súas competencias e que poñen de manifesto as discrepanzas e falta de sintonía entre os dous partidos que rixen a cidade.

González engadiu a falta do grupo de goberno “dun modelo de cidade” e de “rigurosidade”, e instou ao PP a que defenda os compromisos por unha cuestión de “responsabilidade”  e falta de acordo entre o grupo de democracia orensana e o partido popular