Denuncias Política municipal

Os socialistas denuncia a falta de limpeza e hixiene no colexio de Punxín

O PSDEG-PSOE DENUNCIA A FALTA DE PREVISIÓN DE LIMPEZA E HIXIENE DO GRUPO DE GOBERNO DE PUNXÍN TRALA FESTA DA CAZA QUE DEIXOU O COLEXIO MUNICIPAL CHEO DE EXCREMENTOS

As socialistas denuncian que o luns as crianzas que acudiron o centro educativo atopáronse unha imaxe dantesca, nun colexio cheo de pises e excrementos e falta total de hixiene

A voceira socialista, Lorena Peleteiro, explica que “non é de recibo que un evento destas características se celebre nun colexio e moito menos que non se limpe nada cando o día seguinte hai escola para a cativada”

Ourense, 11 de marzo de 2020.  O PSdeG-PSOE denunia a falta de previsión de limpeza e hixiene do grupo de goberno de Punxín, encabezado polo Partido Popular, trala celebración da festa da caza e do xabaril e que deixou o centro escolar do municipio cheo de excrementos de can, o empregarse as instalacións para realizar exhibicións de cans de caza no recinto escolar o domingo pola mañá. Lonxe de limpar as instalacións, os organizadores optaron por deixar todos os restos de lixo e excrementos no centro, atopándose o luns unha imaxe dantesca

As socialistas de Punxín denuncian que o luns, a escola non estaba en condicións de hixiene para acoller as crianzas e incluso e tal e como conta a voceira socialista, Lorena Peleteiro “non se puido empregar a pista polideportiva debido a que estaba chea de excrementos e ouriños dos cans e ninguén se preocupou de limpalo tralo remate da exhibición e ata o luns á tarde, despois da xornada lectiva”. Os socialistas tamén denuncian que o Concello “careza de total planificación, tanto de limpeza despois dun evento deste tipo, como de organización, o levar unha exhibición de cans de caza a un colexio no que o día seguinte hai xornada lectiva, en lugar de buscar un lugar máis idóneo”.

Lorena Peleteiro recorda que “no recinto escolar está prohibida a entrada de cans” e subliña que “non é de recibo que un evento destas características se celebre nun colexio e moito menos que non se limpe e se poñan as condicións de hixiene idóneas, cando o día seguinte os cativos e cativas de Punxín van acudir a escola”. A voceira socialista tamén apunta que “isto non é máis que outra mostra da falta de organización dun Concello que ten o rumbo perdido e funciona por ocorrencias e sen previsión algunha por parte do alcalde e do seu grupo de goberno”.