Denuncias Política municipal

O PSdeG considera inadmisible o abuso de poder de Jácome nos plenos

OS VOCEIROS DO PSDEG-PSOE E C’S DO CONCELLO DE OURENSE SOLICITAN QUE SE TRATE O ACONTECIDO NO ÚLTIMO PLENO NA XUNTA DE VOCEIROS DESTE VENRES

Os grupos da oposición consideran “inadmisible” o “abuso de poder” do uso da palabra e as faltas de respecto proferidas por Jácome durante as sesión plenarias

Os voceiros tamén solicitan que se trate o funcionamento e a reorganización das Xuntas de Área dado que despois de case dez meses de goberno municipal non deixan de atoparse con “obstaculización” da labor fiscalizadora da oposición

Ourense, 12 de marzo de 2020. Os voceiros dos grupos municipais da oposición do Concello de Ourense- Rafa Villarino e Pepe Araújo- realizaron onte unha solicitude conxunta para que na vindeira Xunta de portavoces que se celebrará mañá venres ás 9:00 horas se inclúa no orde do día as “consecuencias do acontecido debido ao comportamento do Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, no pleno do pasado venres”. Os grupos – PsdeG-PSOE, Ciudadanos- consideran “inadmisible” as faltas de respecto reiteradas e continuas que realiza o alcalde durante as sesión plenarias, así como, o “abuso” constante do uso da palabra para non facer máis que “manipulación” e “demagoxia”.

Villarino e Araújo amósanse taxantes e “intolerables” ante a actitude mostrada por Jácome, especialmente a observada durante o último pleno do pasado venres, no que foron constantes os “insultos” aos voceiros e os ataques “misóxinos” as concelleiras. Un pleno onde precisamente unha das mocións que se debatía era precisamente a súa “mala educación”, presentada polo grupo de Ciudadanos, e que tanto o Partido Popular como Democracia Orensana rexeitaron, aprobando así un comportamento que denigra día tras día tanto á institución do Concello de Ourense como a tódolos veciños da cidade.

Por outra banda, os voceiros tamén solicitan que se trate o funcionamento e a reorganización das Xuntas de Área dado que despois de case dez meses de goberno municipal non deixan de atoparse con “obstaculización” da labor fiscalizadora da oposición, debido, entre outros motivos, á acumulación de máis de 600 preguntas realizadas e sen respostar por parte dos concelleiros do goberno; e, sobre todo, e o que resulta máis intolerable, a ausencia continua e reiterada dos concelleiros ao cargo ás reunións das Xuntas negando a súa asistencia e ignorando as preguntas realizadas polo resto de concelleiros e que así constan nas actas das mesmas.

O grupo municipal do BNG tamén participa da solicitude.