Concello de Ourense Xunta

O PSdeG reclama que «Feijóo dea a cara» ante o «esperpento e a ineficiencia» de Jácome

O PSDEG-PSOE IMPULSARÁ A REPROBACIÓN DO ALCALDE DE OURENSE POLO SEU COMPORTAMENTO INADMISIBLE NO ÁMBITO DEMOCRÁTICO CO APLAUSO DO PP

Jácome «atenta contra as mulleres de forma reiterada» e «denigra a Ourense», polo que o PSdeG-PSOE presentará unha moción no próximo pleno para reprobalo, anuncio Villarino

«Se Feijóo non di ós seus concelleiros de que retiren o apoio a Jácome, terá que ser Pablo Casado o que tome medidas porque este asunto xa ten dimensión nacional», afirma Caballero

Ourense, 11 de marzo de 2020. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, chamou hoxe a “pasar páxina” á “rémora da historia”, en referencia a un goberno do PP “que só pode amosar como socios municipais” a Baltar como presidente da Deputación e ao rexedor de Ourense, que cualificou como “o alcalde do esperpento e da indignidade”.

Así o dixo aludindo á intervención do alcalde de Ourense nun pleno municipal, demostrando “un comportamento inadmisible no ámbito democrático”, e que contrasta cos “mellores alcaldes e alcaldesas de toda Galicia” dentro do PSdeG.

Gonzalo Caballero instou a Feijóo a reprobar as actitudes de Jácome e a dar instruccións ao grupo municipal do PP de Ourense para que retiren o seu apoio a este alcalde. Ademais, considerou que se Feijóo non garante a hixiene democrática en Ourense, debería intervir directamente Pablo Casado, toda vez que o alcalde posto polo PP “non está á altura da terceira cidade de Galicia”.

Caballero e Villarino falan sobre o esperpento de Jácome e o PP en Ourense

Dirixiuse a “todos aqueles cidadáns que confiaron no PSdeG” nas eleccións xerais e municipais de 2019 para sinalar que “teñen a oportunidade de volve construír unha Galicia de futuro e de progreso a carón dos alcaldes e alcaldesas socialistas”.

Un alcalde letal para Ourense

O secretario provincial e voceiro do PSdeG-PSOE en Ourense, Rafa Villarino, afirmou durante a comparecencia ante o consistorio da terceira cidade de Galicia que estamos “ante un pacto da aldraxe” no que Pérez Jácome é “un títire do PP” a cambio de “manter a Baltar na Deputación e de non presentarse con DO ás eleccións autonómicas”. “Estamos falando dunha persoa letal para esta cidade e que está degradando a Ourense”, insistiu antes de preguntar “como é posible que os representantes do PP non digan nada ante esta situación”.

“Mentres fai esto denigra a vida pública e a toda a cidadanía”, recalcou antes de recordar como Gonzalo Pérez Jácome “atenta contra as mulleres de forma reiterada”, sinalando expresamente ás concelleiras socialistas Natalia González e Juana Ageitos, polo que, anunciou que o PSdeG-PSOE presentará unha moción no próximo pleno para reprobalo.