CONGRESO SOCIALISTAS OURENSÁNS NAS INSTITUCIÓNS

Uxía Tizón, nova deputada no Congreso

Ourense, 25 de marzo de 2020. O Congreso dos Deputados conta desde hoxe mércores cunha nova representante do PSdeG-PSOE pola provincia ourensá. Uxía Tizón Vázquez (Ourense, 1989) tomou posesión do seu escano nun pleno celebrado para o debate e convalidación de varios reais decretos-lei aprobados polo Goberno central ó longo das últimas semanas.

A deputada asegura que comeza esta nova etapa nas Cortes Xerais con «moita ledicia e ilusión» a pesar de que estamos ante «tempos moi difíciles e complicados nos que a sociedade está sufrindo un problema como o coronavirus». «Teño ganas de traballar e mellorar a vida de todos os cidadáns» co fin de «escoitar os seus problemas e necesidades» polo que «precisamos que pase todo isto para realizar estas labores con normalidade». «Empezo con moita forza para mellorar todo o que os cidadáns de Ourense precisen», destaca Tizón.