GOBERNO ESTATAL INICIATIVAS

Novos subsidios do Goberno do Estado ás empregadas do fogar

O GOBERNO APROBA NOVOS SUBSIDIOS EXTRAORDINARIOS POR FALTA DE ACTIVIDADE PARA AS EMPREGADAS DO FOGAR E POR FINALIZACIÓN DE CONTRATO TEMPORAL

Poderán solicitalo as empregadas de fogar que deixasen de prestar servizos total ou parcialmente, nun ou varios domicilios, por mor da crise sanitaria do Covid-19

As beneficiarias poderán percibir o 70% da súa base reguladora até un máximo equivalente ao Salario Mínimo Interprofesional

Terán dereito a un subsidio de desemprego excepcional as persoas traballadoras con contratos temporais de, polo menos, dous meses de duración que se extinguiron durante o estado de alarma e non cotizasen o suficiente para acceder á prestación por desemprego

31 de marzo de 2020. O Congreso de Ministros aprobou o Real Decreto-Lei que pon en marcha o subsidio extraordinario por falta de actividade para as persoas integradas no Sistema Especial para Empregadas de Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social, realizado en colaboración co Ministerio de Igualdade. O Goberno considera prioritario protexer a este colectivo durante a pandemia, á vez que traballa na ratificación do Convenio 189 da Organización Internacional do Traballo, que promove o traballo decente para as persoas traballadoras do ámbito doméstico.

Terán dereito a esta nova prestación as persoas dadas de alta como empregadas de fogar antes da entrada en vigor do estado de alarma que deixasen de prestar servizos nun ou varios domicilios, total ou parcialmente, para reducir o risco de transmisión por mor da crise sanitaria do Covid-19. Tamén as que fosen obxecto de despedimento ou desistimiento de contrato durante a crise sanitaria.

Para solicitar o novo subsidio será necesario acreditar a perda total ou parcial da actividade coa declaración responsable asinada da persoa empleadora, a carta de despedimento, a comunicación de desestimiento ou a baixa no Sistema Especial de Empregadas de Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social.

As empregadas de fogar terán dereito a un subsidio equivalente ao 70% da súa base reguladora no caso de que a perda de actividade sexa total. Se a empregada reduce a súa xornada, percibirá a parte proporcional correspondente a esa redución de xornada.

O novo subsidio é compatible con outros ingresos por conta propia ou allea, sempre que non superen, en conxunto, o SMI. Con todo, será incompatible co subsidio por incapacidade temporal ou co cobro do Permiso Retribuido Recuperable.

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) habilitará o procedemento de solicitudes.

Prestación para traballadores temporais

O Consello de Ministros tamén aprobou un Subsidio de Desemprego Excepcional polo Fin de Contrato Temporal. Poderán acceder a el as persoas traballadoras que gozasen dun contrato de, polo menos, dous meses de duración que se extinguiu tras a entrada en vigor do estado de alarma e que non contasen con cotizacións suficientes para acceder a unha prestación por desemprego.

Este subsidio terá un importe do 80% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) e percibirase por un mes. O Subsidio de Desemprego Excepcional polo Fin de Contrato Temporal será incompatible con calquera outra renda, salario social, subsidio, prestación ou axuda concedida polas administracións públicas.

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) habilitará o procedemento de solicitudes.

Protección do persoal docente e investigador das universidades e do sector da cultura

O Ministerio de Traballo e Economía Social, en colaboración co Ministerio de Universidades, porá en marcha a adopción de medidas de protección para o persoal docente e investigador que contempla que se prolonguen os contratos do persoal docente e investigador que se extingan durante o estado de alarma durante un período equivalente á duración do estado de alarma e, eventualmente, as súas prórrogas.

Excepcionalmente, a prórroga poderá estenderse até un total de tres meses adicionais ao tempo de duración do estado de alarma e as súas prórrogas.

A medida dá protección tanto ao persoal de investigadores como aos profesores con contrato temporal tales como asociados, visitantes, axudantes e axudantes doutores, para que non vexan afectada a súa situación durante esta crise sanitaria.

Ademais, o Consello de Ministros aprobou medidas de apoio ao sector da cultura, froito da colaboración entre os Ministerios de Traballo e de Cultura. Farase unha excepción ao sistema de mantemento do emprego establecido con carácter xeral no RD 8/2020, que obriga con carácter xenérico sen diferenciar entre indefinidos e temporais, debido á descontinuidade do sector.