Deputación de Ourense INICIATIVAS

Lamentamos que o PP non queira doar cartos da Deputación a Cáritas e Cruz Vermella

O PSDEG-PSOE LAMENTA FONDAMENTE QUE O PP DE OURENSE NON QUEIRA DOAR A CÁRITAS E CRUZ VERMELLA DECENAS DE MILES DE EUROS DA DEPUTACIÓN PARA GASTOS POLÍTICOS

Os socialistas destacan que “no lugar de sumar, desprezaron nun comunicado axudar ás ONG cunha resposta repleta de insultos e ataques nun momento no que é preciso unir forzas”

Defenden que “o máis adecuado” é trasladar estos fondos directamente ás dúas ONG para que elas “xestionen os cartos co fin de adicalos as súas necesidades máis perentorias sen intermediaros”

Ourense, 10 de abril de 2020. O PSdeG-PSOE lamenta fondamente que o Partido Popular de Ourense non queira doar a Cáritas e Cruz Vermella decenas de miles de euros da Deputación Provincial, que non van ser empregados para as dietas dos deputados e deputadas dos meses de marzo e abril, co fin de que estas dúas entidades destinen eses cartos a necesidades derivadas do coronavirus, dentro da súa recoñecida labor coas persoas necesitadas, tal e como propuxemos esta semana. Estas retribucións empréganse para pagar asistencias a órganos colexiados como comisións informativas ou plenos que non se están a celebrar debido á emerxencia sanitaria global provoada polo virus SARS-CoV-2.

“Os populares con Manuel Baltar á cabeza, no lugar de sumar, desprezaron nun comunicado axudar ás ONG de Ourense cunha resposta repleta de insultos e ataques persoais nun momento no que é preciso unir forzas para axudar máis e mellor ós afectados por esta emerxencia sanitaria”. Os socialistas defenden que “o máis adecuado” é trasladar estos fondos ás dúas ONG para que “xestionen directamente e sen intermediaros os cartos co fin de adicalos directamente as súas necesidades máis perentorias”. “Para tranferirlles eses cartos é preciso aprobar unha modificación orzamentaria, xa que os fondos para esas dietas de cargos políticos están provisionados no capítulo II (gastos correntes en bens e servizos) dos orzamentos e para facer unha tranferencia directa ás ONG é preciso que estean nos capítulos IV ou VII (transferencias correntes ou de capital) polo que é imposible que xa teñan ese uso”, matizan.

“A lealdade institucional é outro dos ingredientes necesarios e o PSdeG-PSOE de Ourense amosa o seu compromiso para cumprir con estas obrigas a través destas propostas respectuosas”

Grupo Provincial Socialista

“Nestes duros momentos as institucións están obrigadas a propor ideas, avalialas entre todos os representantes políticos e sociais, e desenvolvelas con axilidade para garantir a súa eficacia, eficiencia e efectividade públicas”, insisten antes de concluir aseverando que “a lealdade institucional é outro dos ingredientes necesarios na acción política e administrativa, e o PSdeG-PSOE de Ourense amosa o seu compromiso para cumprir con estas obrigas a través destas propostas respectuosas”.