GOBERNO ESTATAL SERVIZOS PÚBLICOS

Estas son as máscaras que corresponden a cada transportista de Ourense

23 de abril de 2020. O Ministerio de Transporte, Movilidad e Axenda Urbana comezou en Galicia a repartición de máscaras asignadas aos profesionais do sector do transporte por estrada. Trátase dunha segunda repartición tras o primeiro efectuado entre o 6 e o 17 de abril, e entre os dous alcanzan os 196.790 elementos de seguridade dispoñibles.

Para a entrega utilizarase de novo a rede de oficinas de Correos. Os destinatarios non teñen que realizar ningún trámite nin solicitude. O prazo de recollida finaliza o próximo día 27.

Neste documento (click aquí) pódese consultar a listaxe de transportistas de Ourense así como as máscaras que lle corresponden e a oficina de correos onde poden recollelas.