INICIATIVAS POLÍTICA PROVINCIAL

Ofrecemos asesoramento aos retornados de Alemania en materia sanitaria

O PSDEG-PSOE DE OURENSE OFRECE ASESORAMENTO AOS RETORNADOS DE ALEMANIA DADO O CAMBIO DE NORMATIVA DE ASISTENCIA SANITARIA A PARTIR DO 1 DE XULLO

O secretario provincial de emigración, Luís Gulín, mantivo contacto coa AOK, organismo que xestiona en Alemania a asistencia sanitaria a maior parte dos retornados

Os socialistas informan de que “co aumento do 3% anual da pensión, moitas mulleres pasarán o límite de 450€ mensuais que lles permitía beneficiarse do seguro médico familiar” e apuntan que “deberán solicitar a titularidade do seguro médico”

Ourense, 14 de maio de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense anuncia, unha vez máis, o seu asesoramento e disposición en axuda dos colectivos de emigrantes retornados de Alemania, que o vindeiro 1 de xullo verán cambiada a normativa de asistencia sanitaria, de tal xeito que moitos dos retornados, especialmente mulleres, deberán solicitar a titularidade do seguro médico, o non poder beneficiarse xa do seguro médico familiar, debido o aumento anual do 3% da pensión e que fará que moitas mulleres pasen dos límites dos 450 euros mesuais que lles permitía beneficiarse do seguro médico familiar.

Varios emigrantes retornados de Alemania da primeira xeración que se foron a ese país nos anos 60 dirixíronse a secretaria provincial de emigración do PSdeG-PSOE de Ourense preocupados por cartas informativas da Seguridade Social de Alemaña. “Nestas estáselles advertindo que as súas respectivas mulleres xa non poden seguir no seguro médico dos seus maridos”, explica o secretario provincial de emigración Luís Gulín, que tamén subliña que “dáse a circunstancia que ambos cónxuxes cobran só pensión de Alemania, un deles, principalmente a muller por ter unha pensión máis baixa, está forzosamente incluída no seguro médico alemán como beneficiaria familiar”. Agora por un cambio lexislativo do último ano en Alemania hai modificacións que afectan a algunhas mulleres do colectivo de retornados do país teutón, moitas delas octoxenarias.

O secretario provincial de emigración, Luís Gulín, púxose en contacto coa AOK, organismo que xestiona en Alemaña para a maioría dos retornados a asistencia sanitaria, solicitando información. Segundo puido saber Gulín, “efectivamente todas aquelas mulleres que cobran pensión exclusiva de Alemaña, sen retencións para o seguro médico e seguro de dependencia, estaban incluídas no seguro familiar como beneficiarias”.

“A partir do 1 de xullo teñen que modificar ese status porque co aumento do 3 por cento anual da pensión van pasar o límite de 450 euros mensuais que lles permitía seguir como beneficiarias”, afirma Gulín. A partir dese momento teñen que solicitar ser titulares do seguro médico, dándose de baixa do familiar. Isto implica a maiores que á pensión aplicaráselle unha retención do 11 por cento como achega ao seguro médico e seguro de dependencia.

A secretaría provincial de emigración púxose a disposición dos afectados para axudar nos trámites en canto cheguen os requirimentos de modificación de status que paralelamente hai que comunicar tamén a Seguridade Social de España.