INICIATIVAS Política municipal

Os socialistas de Pereiro presentan un plan de choque para paliar os efectos da COVID-19

O PSDEG-PSOE PROPÓN O GRUPO DE GOBERNO DE PEREIRO DE AGUIAR UNHA SERIE DE MEDIDAS E PROPOSTAS PARA FACER FRONTE O IMPACTO ECONÓMICO E SOCIAL DA COVID-19

Os socialistas presentan 25 medidas sociais e económicas, que inclúen tamén aportacións en materia cultural, educativa, deportiva e administrativa para axudar á veciñanza e empresarios de Pereiro

“Nas situacións complicadas temos que estar aínda máis a carón veciñanza, dos pequenos comerciantes, dos autónomos e de toda a xente que o precisa”, sinala o voceiro socialista Jorge Gutiérrez

Ourense, 1 de xuño de 2020. O PSdeG-PSOE de Pereiro de Aguiar presentou fai dous semanas antes do inicio da Fase 2 en Galicia, unha batería de iniciativas e medidas o grupo de goberno do municipio para facer fronte o impacto económico e social causado pola crise sanitaria da COVID-19, convertida en pandemia dende o pasado 11 de marzo. Os socialistas consideran que a situación actual “é grave” e polo tanto requírese de todos os medios posibles para facer fronte as consecuencias e que “todas as administracións arrimen o ombreiro para colaborar”. Apuntan dende o grupo municipal socialista que no caso de Pereiro de Aguiar, o impacto económico e social desta situación “é e será sen dúbida de gran calado ao ter un Parque empresarial”, especialmente para autónomos, microempresas, pequenas e medianas empresas e para as familias, que nalgúns casos viron de maneira brutal como as súas fontes de ingresos sufrían o impacto do COVID-19 á vez que os seus gastos correntes mantíñanse.

Dende o grupo municipal socialista lémbranlle o grupo de goberno que o Concello, no ámbito das súas competencias, “pode tomar medidas de carácter recadatorio ou organizativo ó obxecto de tentar paliar no posible o negativo impacto económico e social que a situación creada polo COVID-19 nas familias, autónomos e PEMES de Pereiro de Aguiar”, explica o voceiro socialista Jorge Gutiérrez, que tamén apunta que “é verdade que a lexislación non contempla para os tributos locais mecanismos de fácil aplicación para situacións de emerxencia, desastres ou catástrofes naturais; pero tamén é verdade que debe de ser vontade da corporación municipal colaborar con familias e empresas”. Para o voceiro socialista “nos tempos de crise, as administracións teñen que estar a carón da veciñanza, dos pequenos comerciantes, dos autónomos e de toda a xente máis vulnerable, para que ninguén quede atrás”.

Os socialistas lembran que preto de 500 traballadores do municipio, xa estan cobrando algún tipo de prestación do Goberno, por desemprego ou por ERTE, ademais dos autónomos por cesamento de actividades, e que a partir de mediados de xuño tamén se poderá solicitar o Ingreso Mínimo Vital

Por este motivo, o PSdeG-PSOE en O Pereiro de Aguiar presentou, as seguintes iniciativas no ámbito social, económico e de emprego, da educación e a cultura e no ámbito administrativo.

A.    MEDIDAS SOCIAIS

·        Financiamento Excepcional nos Servizos Sociais Municipais, incrementando as partidas destinadas ás axudas as familias, para cubrir as necesidades básicas, coa achega resultante da repartición que determinase a Comunidade Autónoma do crédito extraordinario establecido no artigo 1 do RDL 8/2020, ou os procedentes doutras administracións.

·        Medidas Excepcionais para axilizar axudas económicas familiares e de emerxencia/ urxencia social reforzando e axilización os trámites para a concesión de axudas económicas dirixidas a persoas e familias en situación de vulnerabilidade, garantindo o acceso ás subministracións mínimas vitais, aluguer, alimentación, hixiene persoal, etc., tanto en persoas e familias que xa contaban con expediente aberto como novas persoas e familias que se detecten e/ou o soliciten.

·        Posta en marcha do servizo municipal de autobuses ao centro de saúde, ou procurar un sistema alternativo de transporte.

·        Reforzo nas Atencións e Servizos Domiciliarios, en especial o Servizo de Axuda do Fogar para atender tanto os actuais usuarios, como futuros.

·        Reforzo do seguimento e atención de mulleres vítimas de violencia de xénero e a súa familia a través de teleasistencia, coordinación con dispositivos de seguridade e campañas de prevención no ámbito local.

B.    MEDIDAS ECONÓMICAS E EMPREGO

·        Estratexia de reactivación económica e social do noso municipio

·        Incremento nos orzamentos de 2020, dos fondos destinados a Políticas Sociais.

·        Creación de Instrumentos de Axuda Complementaria habilitados ad hoc nos orzamentos municipais de 2020, para as empresas e persoas autónomas beneficiarias dás prestacións extraordinarias por cesamento de actividade contempladas non artigo 17 dá Real Decreto- lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 (Prestación extraordinaria por cesamento de actividade)

·        Ampliación e/ou modificación dos prazos de pago de determinadas taxas e impostos municipais en, polo menos, tres meses.

·        Devolución de taxas automática -en cantidade prorrateada- daquelas abonadas ás persoas e empresas afectadas segundo os disposto no artigo 26.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais por mor da pandemia de COVID-19 e durante o período que se estime: a) da Taxa do servizo de sumidoiros e Depuración de Augas Residuais b) da Taxa do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos.

·        Bonificar o imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO), e taxa por prestación de servizos urbanísticos daquelas obras o servizos, que xustifiquen circunstancias sociais ou fomento de emprego.

·        Axilización do pago de facturas a provedores do concello, especialmente de empresas e autónomos radicadas no noso municipio.

·        Creación dun Plan de Emprego Municipal para aplicarse unha vez chéguese á nova etapa de normalidade, enfocado aos colectivos máis vulnerables e con perspectiva de xénero.

·        Deseño dun Programa de Dinamización do pequeno comercio e de proximidade a aplicar de forma inmediata. No deseño deste programa poderanse incluír actuacións como campañas promocionais e outras para a dinamización do sector.

·        Plan de promoción empadroamento e rehabilitación vivendas para segunda residencias.

·        Plan municipal de fomento do turismo e gastronómico, co distintivo de seguridade turística.

·        Adquisición de máquina con funcións de varredora e baldeadora, para limpeza a alta presión e a desinfección de rúas, prazas….

·        Aumento do espazo público das terrazas de bares e restaurantes.

C.    MEDIDAS DE ÁMBITO DA EDUCACIÓN, CULTURAL E DEPORTIVO

·        Estudo da apertura da aula Concilia para a conciliación da vida familiar e laboral.

·        Programa municipal de reforzo escolar online, para a redución do abandono escolar dirixido nenos e nenas empadroadas no Concello do Pereiro de Aguiar.

·        Elaboración dun programa especial de actividades culturais e lúdicas para o verán.

·        Estudo da apertura da piscina municipal no período estival.

·        Estudo da apertura do pavillón municipal da Chaira, e inicio das actividades deportivas.

D.    MEDIDAS DE ÁMBITO ADMINISTRATIVO E OUTRAS

·        Actualización web municipal e uso redes sociais do Concello, destacando información dos servizos sociais ofrecidos polas administración; Promoción do comercio de proximidade, ofrecendo unha listaxe de comercios abertos no municipio; Información de axudas, subvencións, prestacións existentes para desempregados, autónomos, Pemes, ERTES, familias vulnerables…

por parte de todas as administracións

·        Adquisición de máquina con funcións de varredora e baldeadora, para limpeza a alta presión e a desinfección de rúas, prazas.