Eleccións Galicia 2020 Xunta

Caballero denuncia a “involución democrática” que o pacto Baltar-Jácome trouxo a Ourense co aplauso de Feijóo

CABALLERO DENUNCIA A “INVOLUCIÓN DEMOCRÁTICA” QUE O PACTO PP-DO TROUXO A OURENSE COA COMPLICIDADE DE FEIJÓO

Ourense, 2 de xuño de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denuncia a “involución democrática” que o pacto entre Baltar e Democracia Ourensana trouxo a Ourense coa complicidade e o beneplácito de Núñez Feijóo. Así o dixo nunha visita a Ourense acompañado polo secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, e os membros da candidatura socialista Marina Ortega Juan Carlos Francisco Rivera e Carmen Rodríguez na que tamén resaltou que Feijóo “permite, respalde e fomente as tácticas caciquís do PP na provincia”, polo que propón un “cambio de progreso”.

O proxecto socialista como a principal garantía para “frear a involución democrática” que representan Baltar e Jácome coa “complicidade de Feijóo” dende a Xunta, e “corrixir o caciquismo histórico a través do control democrático”, advertiu Caballero. Acusou ao presidente da Xunta de “fomentar, permitir e respaldar as tácticas caciquís do PP” na provincia.

Sinalou que o “cambio de progreso na Xunta é a mellor garantía para que Ourense poida evolucionar e avanzar e que dea garantías que freen o cheque en branco que o PP e Jácome cren que teñen na provincia”. “Non é de recibo -dixo- a involución política que Baltar segue representando no medio da crise aprobando contratos laborais sen garantías na Deputación” e intentando controlar os tribunais de selección de persoal.

Caballero apostou polas “receitas do socialismo democrático” que leven á Xunta o “cambio imprescindible” para “remontar a crise económica e social pola vía do progreso sen deixar a ninguén atrás”. Sinalou así que Galicia “necesita reforzar a sanidade pública universal e gratuíta para unha cidadanía que reclama un maior compromiso co estado do benestar e os servizos sociais como un escudo protector para a cidadanía máis vulnerable”. Gonzalo Caballero presentou un proxecto de reconstrución económica e social de Galicia que permita remontar a crise “apoiando á cidadanía e pensando nas persoas”.