Denuncias Deputación de Ourense

“Os paso información que me mandó el alcalde”. Así trafica o PP coas subvencións de autónomos e pemes antes de saír no BOP

ASÍ TRAFICOU O PP DE OURENSE COAS SUBVENCIÓNS A SEMANA ANTERIOR A SAÍR NO BOP: “OS PASO INFORMACIÓN QUE ME MANDÓ EL ALCALDE”

Cargos próximos a Baltar difundiron información e documentos reservados da xunta de goberno da Deputación sobre estas axudas outorgadas unicamente segundo orde de rexistro

Villarino describe os feitos como “unha desfeita do baltarismo inadmisible” por unha “trama caciquil de subvencións” e advirte de que “difundiremos máis irregularidades”

Ourense, 10 de xuño de 2020.Os paso información que me mandó el alcalde [de Ribadavia]”. Con esta frase comeza unha das numerosas mensaxes difundidas en chats públicos e privados coas que cargos públicos do PP de Ourense próximos a Baltar, traficaron con información a semana anterior á publicación no BOP das bases de subvencións a pemes e autónomos da Deputación de Ourense. Xunto á mensaxe achegaron documentos reservados dos expedientes da xunta de goberno que non son de acceso público.

Ao mesmo tempo, cargos do PP tamén publicaron en perfís de redes sociais persoais e institucionais, días antes de saír no BOP, información privilexiada errónea, o que provocou que 683 solicitudes foran rexistradas fóra de prazo, feito que supón a súa inmediata inadmisión a trámite. A pesar disto, a Deputación xa pagou moitas das axudas rexistradas extemporaneamente, prexudicando ás persoas físicas e xurídicas que presentaron a documentación en tempo e forma, xa que os fondos distribúense segundo orde de rexistro e ata esgotar o crédito no caso dos automonos, e proporcionalmente segundo o número de demandantes no caso das pemes. Hai uns días e co prazo aínda aberto xa se superaban amplamente as 6.000 solicitudes.

O voceiro, Rafa Villarino, cualifica estes feitos como unha “desfeita do baltarismo inadmisible en plena emerxencia sanitaria” a causa dunha “trama caciquil de subvencións” coa que “buscaban réditos electorais ao traficar con información privilexiada” pero que “lles saíu mal porque o seu execrable caciquismo está a prexudicar a centos de afectados pola pandemia”. “Os insultos do PP ante a trama destapada polos socialistas son unha mostra evidente de que están moi nerviosos porque esta vez foron cazados”, recalca. “O PSOE defenden axudas para todos sen privilexios”, destacan desde o PSOE porque “non hai autónomos de primeira e de segunda”.

Tamén matiza que o PSdeG-PSOE quere clarexar o sucedido “nunha comisión de investigación para dar solucións inmediatas aos afectados e afectadas” porque “as irregularidades no acaban aquí e nos próximos días iremos destapando máis erros causados polo caciquismo express de Baltar”. Así mesmo recordan o “uso partidista” que o PP está a facer das institucións públicas que son de todos e todas, como xa acreditou a xunta electoral en varias ocasións nás últimas semanas.

Informe do secretario xeral

O PSdeG-PSOE solicitou informes e accesos a documentación co fin de buscar solucións. O secretario xeral redactou un documento ao que os socialistas puideron comparecer o 9 de xuño no que confirma o advertido: “é certo que o prazo de presentación de solicitudes se iniciaba o 13 de maio, polo tanto, a presentación o 12 implica, en principio, unha infracción formal das normas”.

O secretario recoñece un erro propio ao informar na web da Deputación dos prazos ─no BOP si están correctos─ e conclúe que “o efecto práctico do erro informativo producido foi nulo” porque “o resultado práctico do procedemento non variaría” se esas solicitudes tiveran sido presentadas o día 13 e non o 12 xa que, no momento de redactar o informe, non se esgotara o crédito dispoñible. Os socialistas reclaman ademais “incrementar” estas axudas para que chegen a todos os afectados e afectadas “sen os privilexios” destas “tramas” do PP.