INICIATIVAS POLÍTICA PROVINCIAL

Reunímonos coa Asociación de Colleiteiros do Ribeiro para analizar o futuro da viticultura

O PSDEG-PSOE DE OURENSE REÚNESE CON REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN DE COLLEITEIROS DO RIBEIRO PARA ESCOITAR AS SÚAS REIVINDICACIÓNS E INQUEDANZAS DE CARA AO FUTURO

Os socialistas trasladáronlle a súa intención de apoiar a un sector, o vitivinícola, clave na provincia de Ourense e que precisa dun pulo importante para seguir medrando e consolidándose

Na reunión participaron o candidato ó Parlamento por Ourense, Juan Carlos Francisco e as candidatas Carmen Rodríguez Dacosta e Noelia Rodríguez, ademais do secretario provincial, Rafael Rodríguez

Ourense, 19 de xuño de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense mantivo un encontro con representantes da Asociación de Colleiteiros da Denominación de Orixe Ribeiro para escoitar as inquedanzas e reivindicacións de cara ao futuro. No encontro, celebrado no municipio de Cenlle, estiveron presentes o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino; o Nº2 da candidatura socialista ao Parlamento de Galicia e secretario de organización dos socialistas ourensáns, Juan Carlos Francisco e as candidatas Carmen Rodríguez Dacosta e Noelia Rodríguez Travieso, que tomaron boa nota das iniciativas presentadas polos colleiteiros.

Rafa Villarino, Juan Carlos Francisco, Noelia Rodríguez e Carmen Rodríguez Dacosta co representante da Asociación de Colleiteiros.

Os socialistas destacan a “boa sintonía” con este colectivo e “as necesidades” de traballar conxuntamente de cara ó futuro, nun sector, o do viño, clave na nosa provincia, na que contamos con 4 denominacións de orixe, polo que dende o PSdeG de Ourense entenden que “é necesario apoiar ao sector e darlle un pulo importante para que siga medrando e consolidándose”, nun sector con gran competencia. Lembran tamén dende o partido do puño e da rosa, a importancia da viticultura en Ourense e que “fomos nós os que impulsamos varias mocións para a implantación do grao de enoloxía no Campus de Ourense”, clave para o desenrolo deste sector na provincia.

Os representantes da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro trasladáronlle os socialistas as súas reivindicacións e visión de futuro, na que destacan a necesidade de converter o Ribeiro nunha rexión vitivinícola de referencia no mundo pola excelencia dos seus viños, pola historia e tradición e pola súa gran capacidade de innovación. Ademais, trasladáronlle as iniciativas nas que están a traballar e a necesidade de que dende a Xunta se impulse un cambio para apostar pola excelencia, que garanta a sostibilidade en todos os ámbitos do mundo, baseado nos valores do rigor técnico, a tolerancia cero co fraude ou o fomento da excelencia.

Os socialistas comprometéronse a estudiar as reivindicacións e demandas e a reunirse nun futuro para seguir analizando a problemática e traballar conxuntamente para darlle un pulo o sector vitivinícola na provincia de Ourense.