O PSDEG-PSOE CRITICA Ó EX ALCALDE DE CENLLE, GABRIEL ALÉN, POR SEGUIR EXERCENDO DE REXEDOR “NA SOMBRA” E DENUNCIA QUE O ACTUAL ALCALDE, RODRÍGUEZ LAMAS, “NON TOMA AS DECISIÓNS”
Os socialistas denuncian que no último pleno quedou evidenciado que Alén “sigue exercendo como alcalde”, indicándolle o actual rexedor, Rodríguez Lamas, “o sentido do voto nas mocións”
O voceiro socialista, José Rodríguez Veloso, subliña que “o actual alcalde non é máis que un home de palla, que non toma decisións” e considera dita situación “unha tomadura de pelo para a veciñanza”
Ourense, 20 de xuño de 2020. O PSdeG-PSOE de Cenlle critica publicamente, unha situación que consideran “anómala” e que afecta ó ata hai escasos meses alcalde de Cenlle, Gabriel Alén, que figura na lista do Partido Popular de Ourense ao Parlamento Galego, motivo polo cal dimitiu como rexedor, pasando o bastón de mando a José Manuel Rodríguez Lamas. Os socialistas denuncian que Alén segue exercendo como alcalde “na sombra”, e sen ir máis lonxe, o sigue figurando como máximo mandatario do municipio na páxina web oficial do Concello de Cenlle, onde firma o coñecido como “saúdo do alcalde”.
O voceiro socialista, José Rodríguez Veloso, afirma que no último pleno celebrado en Cenlle, “quedou de manifesto que Gabriel Alén sigue a ser o alcalde, xa que foi quen lle indicaba a Rodríguez Lamas o sentido das votacións das mocións e das ordes do día, negando ou afirmando coa cabeza”. Os socialistas tamén subliñan que “o actual alcalde non é máis que un home de palla, que non sabe tomar decisións propias e que ten que consultar co ex alcalde as decisións que toma no plenario”, situación que dende o grupo municipal socialista consideran como “unha tomadura de pelo á veciñanza, que está en mans dun rexedor que non é capaz de tomar decisións por si mesmo”.
Rodríguez Veloso afirma que Alén “debería comezar a traballar de cara as eleccións e deixar o Concello, xa que as súas aspiracións están na Xunta e non en Cenlle”, ademais tamén informa que o Partido Popular creou a figura de portavoz, que ostenta o propio Alén “e que ata agora nunca se empregase, xa que era o alcalde o que facía as labores de voceiro do grupo de voceiro”, algo que para Veloso e “símbolo manifesto de que é o alcalde na sombra”.
Os socialistas tamén denuncian que durante o último pleno, o actual rexedor, Rodríguez Lamas, non foi quen de “respostar as preguntas realizadas polo voceiro socialista”, tendo que ser Alén o que tomase a palabra para poder dar respostas as inquedanzas do grupo municipal, polo que entendemos que “o actual alcalde, non é máis ca un espectador manexado polo señor Alén”.