O PSDEG-PSOE DE OURENSE REÚNESE COS EMIGRANTES RETORNADOS DE ALEMANIA EN VERÍN PARA SEGUIR COA LABOR DE AXUDA E ASESORAMENTO A ESTE COLECTIVO EN TEMAS FISCAIS
Dende o PSdeG de Ourense apostan por axudar e asesorar a un colectivo que conta cada ano con máis persoas que retornan de Alemania e teñen problemas co fisco
Os socialistas estrean tamén en Youtube unha serie de vídeos explicativos na que o secretario provincial de emigración, Luís Gulín detalla paso a paso todo o relacionado coas pensións de Alemania
Ourense, 24 de xuño de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou en Verín, un encontro informativo con emigrantes retornados de Alemania. No acto participaron o secretario provincial de emigración, Luís Gulín, e o candidato por Ourense ao Parlamento de Galicia, Juan Carlos Francisco Rivera, que explicaron durante máis dunha hora os diferentes cambios de fiscalidade que afectan a estes colectivos.
Un acto que estivo conducido polo secretario de organización do PSdeG-PSOE de Verín, Benigno Rodríguez Rodríguez, e no que en primeiro lugar tomou a palabra Luís Gulín, que comezou falando sobre a nova fiscalidade para dous pagadores que en palabras do secretario provincial de emigración “elévase dende o 1 de xaneiro deste ano ós 14.000 euros para estar exentos de declarar”.
O propio Gulín informou tamén de que “os emigrantes residentes en Alemania dende o 1 de xullo están obrigados a informar a axencia tributaria alemá no caso de ter contas bancarias en España e dos movementos dos seus depósitos”. Así mesmo, o responsable de emigración do PSdeG-PSOE de Ourense detallou de forma exhaustiva o tema do 5 por cento que hai que declarar a Axencia Tributaria Alemana sobre a pensión que se percibe dese país, ademais de explicar os procedementos e experiencias a hora de tramitar as axudas a dependenza alemá e a posibilidade de que o seguro alemán asuma para o coidador as cotizacións ante a seguridade social española e incluso para a prestación do desemprego.
O candidato ó Parlamento de Galicia e secretario de organización do PSdeG-PSOE de Ourense, Juan Carlos Francisco, analizou polo miúdo a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que condena á Axencia Tributaria a recoñecer a un retornado de Alemania como gastos deducibles os gastos de sanidade e de dependencia que se deducen da súa pensión alemana. “Tal e como constatei en conversacións e información recadadas con colectivos de retornados en outras Comunidades Autónomas como Asturias, Andalucía, Madrid ou Castela a Mancha, meses territorios os retornados de Alemania non teñen o máis mínimo problema coa súa declaración da renta á hora de reclamar eses gastos deducibles”, explicou Juan Carlos Francisco Rivera.
No final do acto, os emigrantes expuxeron as súas inquedanzas e dúbidas, que foron resoltas polo secretario provincial de emigración, Luís Gulín, que lles lembrou ademais que no PSdeG-PSOE de Ourense proseguen coa labor informativa e de axuda a este colectivo para poder solucionar dúbidas e resolver inconvintes coas pensións procedentes de Alemania.
Vídeos explicativos dirixidos aos retornados
Por outra banda, a secretaria provincial de emigración do PSdeG-PSOE de Ourense acaba de subir ao portal de internet Youtube tres vídeos titoriais dirixidos aos emigrantes retornados que traballaron nos países europeos. Neles, o secretario provincial de emigración, Luís Gulín, informa e dá consellos prácticos en diversos temas que lles interesa.
O primeiro deles, dunha duración consiste nunha panorámica xeral respecto da declaración da renda 2019, con referencias específicas para os retornados de Alemaña. Os outros dous vídeos teñen como destinatarios exclusivamente a este colectivo: o primeiro fai referencia sobre a problemática do pago do 5 por cento da pensión alemá á facenda xermana, a súa orixe, casuística e trámites a realizar en Alemaña e España. O segundo vídeo destinado á emigración alemá é un tutorial de ….minutos de duración explicando o complexo procedemento para solicitar a axuda de dependencia alemá.
Luís Gulín explica a temática, os trámites, casos específicos e consellos a seguir ante a seguridade social alemá para conseguir esta prestación económica. Con estes vídeos a secretaria provincial de emigración faise eco da demanda de información do colectivo de emigrantes retornados en Galicia e pon a disposición de todos os contidos e as informacións achegadas nas múltiples reunións realizadas en diversas comarcas da a provincia de Ourense.