Concello de Ourense INFRAESTRUCTURAS

Celebramos que a Xunta e o Concello deixen os “pleitos” e arranxen a beirarrúa da Ponte Romana

O PSDEG-PSOE DE OURENSE CELEBRA QUE GRAZAS Á “INSISTENCIA” DOS SOCIALISTAS O CONCELLO REPARARÁ A BEIRARRÚA DA PONTE ROMANA

Os socialistas poñen en valor que se leve a cabo a despois de anos de “pleitos” e de “pasarse a pelota” entre a Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galicia e o Concello

Un ano para renovar a flota de autobuses urbanos que seguirá en precario polo menos ata 2021

Ourense, 24 de xuño de 2020. Grazas á insistencia do grupo municipal socialista do Concello de Ourense ao longo do primeiro ano de mandato de Democracia Orensana e os Populares, o consistorio procederá á rehabilitación da beirarrúa da Ponte Romana – a cal levaba precintada e con risco de derrumbamento máis de dous anos. Así, o notificou o concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, na última xunta de área de Urbanismo e Infraestructuras o pasado martes, quen asegurou que xa ten encargada a redacción do proxecto e lle notificiou tanto a Patrimonio da Xunta de Galicia como ao Ministerio de Fomento para que permita que se poña en marcha dita reparación.

Os socialistas poñen en valor que se leve a cabo esta decisión despois de anos de “pleitos” e de “pasarse a pelota” entre a Consellería de Infraestructuras e Movilidade da Xunta de Galicia e o Concello para non facerse cargo e ter “paralizado” o proxecto ante o perigo que sufrían os veciños e o perxuízo que supón ao tratarse dunha obra ao lado dun BIC protexido por Patrimonio e de gran valor e interese para a cidade como é a Ponte Romana.

Un ano para renovar a flota de autobuses urbanos que seguirá en precario polo menos ata 2021

Dentro dos incumplimentos de Democracia Orensana segue presente o transporte urbano, aseguran os socialistas, que seguirá en precario a súa licitación ata o 2021. Despois de que Miguel Caride anunciase nesa mesma xunta de área que, trala aprobación inicial do Regulamento de Transporte Urbano, no pleno do pasado xoves, agora mesmo entra no periodo de 30 días de resolución de alegacións e ata o último trimestre do ano non se sacaría a nova licitación dado que ten que volver a pleno para a súa aprobación final.