Eleccións Galicia 2020 INICIATIVAS

O PSOE comprométese a remodelación do estadio de O Couto

O PSDEG-PSOE COMPROMÉTESE Á REMODELACIÓN DO ESTADIO DE O COUTO CUN GOBERNO SOCIALISTA NA XUNTA PARA DARLLE A OURENSE UN ESTADIO DIGNO E QUE ACOLLA O SENTIR DO OURENSANISMO               

Os socialistas denuncian o abandono absoluto de Núñez Feijóo o campo de fútbol da terceira cidade de Galicia, que se atopa nunha situación de total desleixo dende hai décadas

O Nº 2 da candidatura socialista por Ourense, Juan Carlos Francisco, subliña que “xa vai sendo hora de que a nosa provincia estea o nivel das demais” e de “pór fin o abandono sistemático das instalacións por parte de Feijóo”

Ourense, 4 de xullo de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense comprométese a unha remodelación total do estadio de O Couto cun goberno socialista ao fronte da Xunta de Galicia para darlle a cidade de Ourense un estadio digno e que acolla o sentir do ourensanismo. Os socialistas lanzaron a mensaxe esta mañá, as portas de O Couto, onde puideron comprobar de primeira man o deterioro dun campo de fútbol que Feijóo leva anos abandonando a súa sorte. Lembran dende o PSdeG que o campo “é propiedade da Xunta” e que polo tanto “deberían asumir a súa remodelación”.

Para os socialistas ourensáns a reforma do campo de O Couto é primordial para unha cidade na que o fútbol segue a ser un elemento de gran calado entre a poboación e remarcan, en palabras do candidato Juan Carlos Francisco que “co PSOE hai un compromiso férreo para facer do estadio de O Couto, propiedade da Xunta, pero onde reside o sentimento de Club Deportivo Ourense, un campo acorde coa terceira cidade de Galicia”.

Carmen Dacosta, Juan Carlos Francisco e Marina Tallón diante do estadio de O Couto.

A situación actual do campo de fútbol preocupa é moito o partido do puño e da rosa que acusan a Feijóo de “desidia e desleixo” o non apostar por unha reforma “digna” como si aconteceu noutros estadios coma o Anxo Carro en Lugo, Pasarón en Pontevedra, A Malata en Ferrol, San Lázaro en Santiago ou mesmamente en Balaídos e Riazor, onde a través dun convenio entre Xunta e concellos, levouse a cabo a remodelación. Francisco considera a situación do estadio de O Couto como “deplorable e insostible” con gradas “cheas de lixo, desvencelladas e sen arranxar dende hai anos” e remarca que actualmente a grada de fondo atópase nunha situación “impracticable” coa maleza crecendo por dentro das instalacións e sen poder empregarse.

Os socialistas remarcan que a situación é preocupante, xa que as fins de semana dous milleiros de persoas presencian encontros neste estadio, que presenta situacións perigosas para os siareiros con cadros eléctricos a intemperie, teitos caendo, cabinas de prensa destrozadas, cristais rotos e cun céspede cheo de “calvas e en moi malas condicións”.

No ano 2015, a Xunta de Galicia anunciaba unha inversión de 175.000 € para poder desprazar os baixos do estadio ás distintas federacións que había na cidade e así establecer o núcleo futboleiro da cidade e da provincia no propio estadio. Dende o seo socialista trasládase que a realidade é que no período 2015-2019 a Xunta de Galicia en total investiu 450.000 € que non chegaron a “absolutamente nada, para arranxar e renovar baños ou aplicar novos tratamentos” ao céspede natural que non serviron para moito.

Francisco Rivera remarca que “o estadio de O Couto xa non precisa de máis parcheados e pequenos arranxos, senón dun investimento que lle dea dignidade a cidade, os clubs, a siareiros e o sentir do ourensanismo”. “Cun goberno socialista ao fronte da Xunta de Galicia, Ourense contará cun estadio de fútbol acorde coa terceira cidade de Galicia e cos tempos que corren e non cunha instalación que cae a pedazos”, finalizou o candidato socialista o Parlamento de Galicia.