Concello de Ourense Denuncias

Denunciamos a deplorable situación do servizo de Bombeiros nos meses máis críticos

O PSDEG-PSOE DE OURENSE DENUNCIA QUE PP E DO SON “COPARTÍCIPES” DA “CRÍTICA” SITUACIÓN DOS BOMBEIROS DE OURENSE E ESIXE “MEDIDAS URXENTES” PARA REFORZAR O SERVIZO

O grupo municipal socialista “respalda públicamente unha vez máis a labor esencial” que veñen realizando os bombeiros de Ourense e pide ao goberno municipal actuacións contundentes e inmediatas

Os socialistas critican con “dureza a inoperancia” do Alcalde e da concelleira quenes, despois de 14 meses, foron incapaces de garantir a seguridade “nin de dotación de persoal nin en medios materiais”

Ourense, 24 de Xullo de 2020. O grupo municipal socialista “respalda públicamente unha vez máis a labor esencial” que veñen realizando os bombeiros de Ourense e pide ao goberno municipal actuacións contundentes dado que está en “risco a seguridade e a saúde pública” dos veciños e veciñas de Ourense e non vale mirar para outro lado nin “rezar” para que non pase nada. Aos socialistas resúltalles “intolerable” escoitar manifestacións coma as da concelleira de seguridade cidadá, María Fernández Dibuja, nas que afirma que “temos que confiar en que non pase nada grave e que pronto poidamos poñer máis persoal.”

Os socialistas critican con “dureza a inoperancia e a falta de previsión” do Alcalde e da concelleira Fernández Dibuja, que despois de 14 meses foron incapaces de garantir a seguridade neste servizo “nin en termos de dotación de persoal nin en medios materiais” para o exercizo das súas labores e despois da visita de onte por parte de ámbolos dous ás instalacións seguen sen ofrecer ningunha solución.

En pleno mes de xullo, o servizo atópase de novo baixo mínimos, con graves riscos para os funcionarios municipais no seu desempeño e sen que estea garantida a seguridade da cidadanía en caso de producirse máis dunha incidencia na cidade, denuncian os socialistas. Segundo pudieron coñecer dende o grupo municipal tras reunirse  cos propios membros do corpo de bombeiros, aseguran que éstes dispoñen, a día de hoxe, soamente de 5 efectivos, cando o informe técnico de mínimos establece que sexan 11 -máis do dobre- co cal é imposible garantir a cobertura de dúas incidencias na cidade, nin de existir só unha podería atenerse axeitadamente.

Dende o seo socialista destacan tamén a importancia de recordar que “a pesares de contratar un Director Xeral de Persoal e RRHH” non se avanzou nada para “reorganizar o servizo nin reforzalo”, de acordo coas súas necesidades, que se basan na insuficiencia dos 46 efectivos existentes para dar cobertura a toda a cidade e na necesidade de “garantir un mínimo de efectivos dispoñible”, e máis na época estival na que nos atopamos.

Durante estes 14 meses, só existe unha insuficiente proposta de oferta de emprego público para bombeiros, que foi rexeitada na mesa de negociación, están paralizados os procedementos de promoción interna no propio servizo, segue a haber prazas sen cubrir e existen funcionarios que están a realizar traballos de superior ou inferior categoría que non lles corresponden. Ademais de non poder disfrutar das correspondentes vacacións ou descansos, demorándose durante meses tamén o cobro das horas extras realizadas de acordo coas necesidades do servizo.

O convenio de UNESPA e a Xunta no aire

En canto ao convenio de UNESPA, que o Alcalde, Pérez Jácome, anunciou o seu desbloqueo “a bombo e platillo” no inicio do mandato, e cuxo fin é optimizar o material de traballo dos bombeiros, por un importe de arredor de 1,5 millóns de euros, segue a “descoñecerse a que se vai a dedicar nin que compras se van a realizar” con cargo ao mesmo e en que prazo, transcorridos xa 14 meses.

Tamén é importante salientar que o goberno de PP e DO “rexeitou solicitar fai uns meses as axudas da Xunta de Galicia” para a contratación de persoal de apoio para a extinción de incendios no noso municipio, o cal, no momento en que nos atopamos e despois dos primeiros incendios no Concello acontecidos nos últimos días, precariza máis a situación e pon en perigo máis se cabe á cidadanía ante posibles incendios no noso entorno municipal.