GOBERNO ESTATAL SOCIALISTAS OURENSÁNS NAS INSTITUCIÓNS

Miguel Bautista, novo senador polo PSdeG-PSOE de Ourense

MIGUEL BAUTISTA CARBALLO ASUME O CARGO DE SENADOR POLO PSDEG-PSOE DE OURENSE TRAS PRESENTAR NA CÁMARA ALTA A ACTA NOTARIAL NA QUE PROMETE “ACATAR A CONSTITUCIÓN”                                 

O parlamentario socialista accede á Cámara Alta en substitución de Juan Carlos Francisco Rivera, que deixa o Senado para tomar posesión da súa acta como deputado no Parlamento de Galicia

Ourense, 28 de xullo de 2020. Miguel Bautista Carballo, que concorreu en calidade de suplente ás Eleccións Xerais do 10 de novembro de 2019 na lista que o PSOE presentou en Ourense ao Senado, adquiriu esta semana a condición plena de senador mediante a presentación no Rexistro da Cámara Alta da acta notarial na que “promete solemnemente acatar a Constitución”.

O novo senador chega á Cámara Alta en substitución de Juan Carlos Francisco Rivera, que renunciou á súa condición de senador recentemente, tras resultar electo como deputado por Ourense no Parlamento de Galicia, nas eleccións celebradas o pasado 12 de xullo.

O petinés, Miguel Bautista, asume o cargo de Senador por Ourense, en representación do PSdeG-PSOE da provincia.

Miguel Bautista Carballo naceu en Petín (Ourense), o 20 de xullo de 1958. Administrativo. Estivo ligado ao Concello de Petín desde o ano 1999, tempo no que foi Alcalde durante 20 anos ininterrompidamente, até as eleccións municipais de 2019, nas que deixou o cargo e non se presentou a reelección.

Entre 2011 e 2019 foi Deputado Provincial da Deputación de Ourense. De 2011 a 2015, Vogal da Comisión da FEMP Sociedade da Información e novas Tecnoloxías, e de 2015 a 2019, Vicepresidente da Comisión da Sociedade da Información e Novas Tecnoloxías. Actualmente, é Secretario de Emigración CENG PsdeG-PSOE.