INICIATIVAS Socialistas

Acto na memoria de Manuel Suárez, alcalde socialista asasinado polos franquistas

O PSDEG-PSOE DE OURENSE REALIZA UN ACTO NA MEMORIA DE MANUEL SUAREZ, ALCALDE SOCIALISTA REPRESALIADO CANDO SE CUMPREN 83 ANOS DO SEU FUSILAMENTO POLOS FRANQUISTAS 

Ao acto, que se celebrou este martes na escalinata da Igrexa de Santa María Nai, acudiron os socialistas ourensáns acompañados de representantes sindicais e políticos do goberno e a oposición da cidade 

Ourense, 28 de Xullo de 2020. Os socialistas ourensáns honran a memoria do que fóra alcalde de Ourense durante a República, Manuel Suárez e que ostenta a medalla de ouro da terceira cidade de Galicia nun acto que tivo lugar na tarde deste martes, 28 de xullo, na escalinata da igrexa de Santa María Nai,  e que foi celebrado na memoria do 83 aniversario do seu fusilamento poplas tropas franquistas.

No acto, realizouse unha ofrenda floral ao alcalde nomeado fillo predilecto de Ourense, así como, na lembranza de tódalas vítimas represaliadas pola dictadura franquista. Contou ca intervención do secretario provincial dos socialistas, Rafa Villarino, que quixo agradecer á familia “o traballo para manter viva a memoria. que é o que nos distingue e fai diferentes e non debemos esquecer o que significa a represión”. Tamén interviu Lola Suárez, filla de Manuel Suárez, que sinalou a través dun audio que “querer queres dicir moitas cousas, pero non se pode” e subliñou a importancia de “ante todo ser honrados como lembra que lle dicía seu pai”.

Manuel Suárez

Último alcalde republicano de Ourense en 1936 – primeiro socialista. O seu traballo pola mellora da cidade ourensá comezou moito antes primeiro como concelleiro e máis tarde como vicepresidente da Deputación. Instou á convivencia pacífica e á solidariedade. A súa carreira política foi de gran relevancia dentro do PSOE e do sindicato UGT de Ourense, converténdose na figura máis relevante do socialismo ourensán. A súa traxectoria política estivo ligada á defensa dos dereitos dos traballadores, loita contra o caciquismo e ao progreso económico, social e democrático da cidade. Ata o 1937 ano no que foi fusilado, despois de permanecer oculto durante un tempo. Nomeado fillo predilecto e preceptor da Medalla de Ouro da cidade, no 2009, polo anterior goberno socialista, cando se cumpriron 72 anos da súa norte.