Denuncias MEDIO AMBIENTE

O PSdeG-PSOE esixe ao Adif a restitución dos danos causados polos vagóns tirados ao Sil

O PSdeG-PSOE esixe ao Administrador de Infraestruturas Ferrofiarias (Adif) a retirada dos vagóns tirado ao río Sil e a restitución dos danos medioambientais causados na localidade de Sobradelo, logo de accidente ferroviario sucedido hai uns días. Os socialistas reclaman que se avalíe a situación e que se retiren tomando todas as medidas de seguridade ambiental precisas.

“É incomprensible”, afondaron os socialistas galegos, que a recuperación dos vagóns non se leve a cabo seguindo procedimentos que non impliquen danos para o medio ambiente e para a seguridade ferroviaria. Por iso, recalcaron que agora o prioritario é levar a cabo a recuperación dos vagóns tirado ao río Sil, restaurar os danos provocados nas augas e no ecosistema, e retirar canto antes o resto.