Concello de Ourense termalismo

Denunciamos o «atraso» de Xunta e Concello de Ourense na apertura da piscina de As Burgas e a zona termal

O PSDEG-PSOE DE OURENSE DENUNCIA O “VERGOÑENTO RETRASO”  NA APERTURA DA PISCINA DAS BURGAS E A ZONA TERMAL AO NON ESIXÍRLLE Á XUNTA A “APROBACIÓN INMEDIATA” DUN PROTOCOLO SANITARIO

Un exemplo máis dun goberno que non “defende os intereses públicos dos veciños e veciñas de Ourense, sen rumbo e cun modelo en política termal que vai cara ao abismo”, conclúen os socialistas.

Os socialistas destacan que o goberno municipal “mantén unha actitude cínica” a través da súa concelleira de termalismo, Flora Moure, quen “esixía ao Goberno central solucións”, mentres agora “adopta unha actitude servil” ante  a Xunta

Ourense, 15 de agosto de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia o vergoñento retraso por parte do Concello de Ourense da apertura tanto da piscina termal situada nas Burgas coma das zonas termais públicas de Outariz e o Muiño da Veiga e a claudicación dos intereses de Ourense ao non esixírselle á Xunta de Galicia o desbloqueo inmediato do peche destas instalación co detrimento que supón para o turismo da cidade ao manterse pechadas durante os meses de verán coas pérdidas tanto económicas coma de imaxe e reputación para Ourense que iso conleva.

Os socialistas demanda a inmobilidade por parte da Xunta e o Concello para desbloquear a apertura, dado que levan máis de dous meses esperando a que o órgano autonómico asine e aprobe o protocolo sanitario que posibilite a súa apertura.

Dende o grupo municipal socialista destacan que o goberno municipal de PP e Democracia Orensana “mantén unha actitude cínica” a través da súa concelleira de termalismo, Flora Moure, quen “esixía ao Goberno central solucións en pleno estado de alarma”, mentres agora adícase a “adoptar unha actitude servil” coa “lentitude e xestión desastrosa” da Dirección Xeral de Minas e das autoridades sanitarias pertencentes á Xunta de Galicia. Para os socialistas, contrasta e sorprende a “rapidez coa que se abriron os centros privados de Outariz e do resto da provincia” e o “bloqueo ao que se somete ao resto de infraestruturas termais de Ourense”. Un exemplo máis dun goberno que non “defende os intereses públicos dos veciños e veciñas de Ourense, sen rumbo e cun modelo en política termal que vai cara ao abismo”, conclúen.

Os concelleiros socialistas denuncian que, durante os meses de ”estado de alarma” xerado pola crise sanitaria da COVID-19 e os conseguintes de “nova normalidad”, a concelleira Flora Moure trasladou aos grupos da oposición, a través das Xunta de Área de Turismo, Termalismo e Participación Cidadá, que estaban pendentes do apertura da Piscina Termal da Burga, debido á recuperación do seu sistema de cloración, o cal permitiría que a Xunta de Galicia dira autorización para a súa apertura este verán. O certo é que a mediados de agosto segue pechada e sen noticias de que se produza a súa apertura durante o mes de agosto.

A esta situación débese engadir o “estado lamentable” dende fai meses no que se atopa todo o conxunto termal, froito dunha “nula planificación”,  repercutindo negativamente na imaxe desastrosa da nosa cidade cara os  turista que visitan a terceira cidade de Galicia durante o periodo estival.