POLÍTICA PROVINCIAL

Os socialistas de Pereiro denuncian o malgasto de cartos públicos no Concello

O PSDEG-PSOE DE PEREIRO AFIRMA QUE O INFORME DO INTERVENTOR MUNICIPAL SOBRE A CONTA XERAL DE 2019 AMOSA O “MALGASTO” DURANTE ANOS NAS ARCAS MUNICIPAIS

Os socialistas consideran este informe como “demoledor” e lembran que durante anos “xa alertamos da falta de iniciativas enfocadas o aforro no gasto da vida diaria municipal do Concello

O voceiro socialista, Jorge Gutiérrez, remarca o reparo que o interventor pon no capítulo de persoal e apunta que “levamos anos denunciando a situación dos contratos e solicitando que se leve a cabo unha RPT”

Ourense, 21 de agosto de 2020. O pasado luns durante o debate sobre a conta xeral de 2019 do Concello de Pereiro de Aguiar na correspondente Comisión Especial de Contas, onde se inclúo o informe do Secretario-interventor do Concello con reparos a legalidade e incumpliento da regra de gasto, da xestión realizada no ano anterior polo goberno municipal, nos aspectos económico, financeiro, patrimonial e orzamentario, co fin de controlar o uso e destino que se deu a os fondos públicos, o grupo socialista voto en contra de ditas contas, al considerar que este informe “é demoledor” e amosa “o despilfarro”, durante os últimos anos nos servizos municipais tales como los contratos da luz, telefonía, o seguros, e tamén na política de contratación de persoal, tal como leva denunciando os socialistas durante décadas.

Os socialistas recordan que levan anos alertando da situación, ante o silencio por parte do grupo de goberno, o que acusan de “inacción” e de ser o culpable deste “malgasto” de cartos públicos. Alegan dende o Grupo Municipal Socialistas que “poderían terse aforrado importantes sumas de cartos municipais superiores ao millón de euros” e apuntan que “xa foron varias as lexislaturas nas que solicitamos que os contratos de suministros se sacasen a concurso público, para deste xeito recibir ofertas de diferentes empresas e optar pola mellor”, apunta o voceiro do PSdeG en Pereiro, Jorge Gutiérrez.

Gutiérrez fai fincapé no capítulo de persoal municipal, ó que informe do interventor municipal dedica 4 follas e no que o voceiro socialista lembra que “levamos moitos anos advertindo de contratos en fraude de lei, polo uso de contratos temporais encadeados durante anos, que nalgúns casos mesmo se prolongaron case 20 anos», e que a maioría dos cales se converteron en indefinidos non fixos, por sentenza xudicial ou decretos de alcaldía, “levamos anos denunciando a situación e requiríndolle o grupo de goberno do Partido Popular unha Relación de Postos de Traballo (RPT) adaptada ás necesidades reais do concello» e tal como o propio informe do Secretario municipal indica, regularizar a situación dos traballadores a través da RPT e dunha Oferta de Empleo Pública, ofertando todalas prazas que non están de maneira regular, de acordo cos principios de transparencia e publicidade. Unha situación en materia laboral que os socialistas consideran que “se arrastra” de lexislaturas anteriores.

O PSdeG-PSOE en Pereiro de Aguiar tamén recalca que o informe de intervención, conclúe o incumprimento da regra de gasto no ano 2019 en máis de 100.00 euros, e que obriga ao Concello para aprobar un Plan económico financeiro, «deixa claro” que o malgasto e maiúsculo, especialmente na subministración de servizos por parte de empresas que acceden a estes contratos sen concurso público e cun prezo xa fixado. Os socialistas apuntan a que sacar a concurso público os contratos asinados con aseguradoras, empresas eléctricas, telefonía, e outros “permitiríalle o Concello de Pereiro aforrar unha importante contía económica para poder destinar a outros fins en beneficio da veciñanza”, afirma Jorge Gutiérrez.

Os socialistas consideran que a herdanza que deixa o Partido Popular o longo das últimas décadas “é demoledora” no apartado económico e que “deixa en evidencia” a xestión dos últimos anos, que consideran “nefasta” para O Pereiro de Aguiar. Dende o PSdeG no municipio instan o actual alcalde a “mudar de xeito urxente” a xestión municipal, “en beneficio da veciñanza e do futuro do noso concello”.