concellos INICIATIVAS

Os socialistas de Castrelo apostan por un obradoiro para xerar emprego xuvenil

O PSDEG-PSOE DE CASTRELO DE MIÑO PROPÓN A POSTA EN MARCHA DUN OBRADOIRO CON MÓDULOS DE CARPINTERÍA, ALBANELARÍA E XARDINERÍA CO FIN DE XERAR EMPREGO ENTRE A MOCIDADE

Os socialistas levarán a pleno unha moción na que lle piden ao Concello que inste á Xunta á posta en marcha destes obradoiros coas axudas pertinentes e se poida deste xeito xerar emprego

A voceira socialista Catalina González destaca que “ademais de darlle unha oportunidade de emprego a nosa mocidade, estes obradoiros servirían para manter a punto as instalacións públicas”

Ourense, 24 de agosto de 2020. O PSdeG-PSOE de Castrelo de Miño levará o vindeiro pleno do Concello, unha moción na que propón a posta en marcha dun obradoiro de emprego cos módulos de carpintería, albanelaría e xardinería. O obxectivo dos socialistas é que estes obradoiros sirvan para xerar oportunidades de emprego entre a mocidade de Castrelo e por elo pídenlle o novo grupo de goberno que inste á Xunta á posta en marcha deste obradoiro coas axudas pertinentes e que segundo os socialistas “servirán para revitalizar o emprego xuvenil”.

Dende o Grupo Municipal Socialista destacase o “abandono total” e a “nula oportunidade laboral” para os mozos e mozas nos derradeiros anos. Ante esta situación, os socialistas consideran de “vital importancia”, revitalizar o emprego entre a mocidade e avogan pola creación dun obradoiro de emprego cos módulos de carpintería, albanelaría e xardinería. En palabras da voceira socialista, Catalina González, “ademais de darlle unha oportunidade de emprego a nosa mocidade, estes obradoiros servirían para manter a punto as instalacións públicas.

Os socialistas consideran que gracias a esta iniciativa poderían executarse pequenas obras de restauración, mantemento de mobiliario urbano, e conservación de edificios municipais e apuntan que “o noso concello xa conta cun taller de carpintería equipado”. Unha iniciativa coa que tamén se “podería rehabilitar e crear novas sendas no río Miño, limpar e recuperar as ribeiras do mesmo, realizar labores de mantemento e prevención contra lumes, mellorar as zonas verdes, parques e demais instalacións municipais e darlle un lavado de cara a Castrelo de Miño”, sinala Catalina González.