INICIATIVAS SOCIALISTAS OURENSÁNS NAS INSTITUCIÓNS

Reunión de traballo con RENFE para trasladarlles as nosas peticións

O PSDEG-PSOE DE OURENSE MANTÉN UN ENCONTRO CO REPRESENTANTE INSTITUCIONAL DE RENFE EN GALICIA PARA TRASLADARLLE O ENTE FERROVIARIO UNHA SERIE DE PETICIÓNS

Os socialistas demandan a reposición do Alvia que conecta Ourense con Madrid as 6 da mañá, do Avant con destino A Coruña das 6:45 e a adecuación de horarios dos rexionais que conectan as vilas coa cidade

O PSdeG en Ourense manifesta unha vez máis “o seu total compromiso coa provincia” e apostan polo traballo diario para “darlle un pulo importante a Ourense e beneficiar as súas xentes”

Ourense, 31 de agosto de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense mantivo unha reunión de traballo co representante de relacións institucionais de RENFE en Galicia, Javier Pérez López, e no que os socialistas aproveitaron para trasladarlle unha serie de peticións e suxestións relacionadas co transporte ferroviario de viaxeiros dende Ourense, tanto con A Coruña, Santiago e Pontevedra, como tamén con Madrid, País Vasco ou Barcelona, ademais de temas relacionados cos rexionais que circulan pola provincia, e outras inquedanzas en relación a reposición de servizos trala pandemia causada pola COVID-19 ou a posibilidade de reaxuste de prezos en determinadas liñas. No encontro participou o voceiro provincial, Rafael Rodríguez Villarino; os representantes no Congreso dos Deputados, Uxía Tizón e Adolfo Pérez Abellás; o senador, Miguel Bautista; as representantes no Parlamento de Galicia, Marina Ortega e Carmen Dacosta; e os concelleiros no Concello de Ourense, Xosé Rúas e Javier Rey. O PSdeG-PSOE de Ourense manifesta unha vez máis “o seu total compromiso coa provincia”, apostando polo traballo diario, as reunións e a consecución de beneficios co obxectivo de “darlle un pulo importante a Ourense e beneficiar as súas xentes”.

Os socialistas celebraron este encontro para solicitar información e a súa vez, trasladarlle a RENFE varias necesidades que ten a provincia nestes momentos en materia de transporte ferroviario de viaxeiros. Un dos puntos centrais foir a reposición de novos trens, despois de que moitos foran cancelados por mor da pandemia ocasionada polo coronavirus. O representante institucional de RENFE trasladoulle o PSOE ourensán que estres trens funcionan nestes intres por demanda e que polo tanto, cunha demanda baixa como a actual, aínda non se restableceron, pero comprometeuse a estudiar varias das demandas socialistas en relación os horarios, especialmente de conexión con Madrid, que contaba anteriormente con 6 trens que cubrían o traxecto entre Ourense e a capital e outros 6 que facían o mesmo percorrido a inversa. A estes sumábase tamén o tren hotel, que foi cancelado por medidas sanitarias, tanto o que viaxaba a capital do estado como o que facía o percorrido ata Barcelona.

Entre as demandas trasladadas polos socialistas destacan varias, como a do deputado Adolfo Pérez Abellás, que reclamaba a reposición do Alvia que conecta Ourense con Madrid as 6:00 AM, alegando que “moitos empresarios da provincia e incluso algún traballador optan por este horario para desprazarse a capital e serve tamén para poder regresar a Ourense no día”. Lembrou Abellás que cos novos avances nas infraestruturas do AVE, a “viaxe a Madrid reducirase en media hora nos próximos meses. O responsable de RENFE comprometeuse a estudiar esta posibilidade e lembrou que co retorno a normalidade e o aumento da demanda, “os horarios recuperaranse” ata chegar os 7 trenes orixinarios en cada sentido antes da pandemia.

Pola súa banda, a deputada Uxía Tizón, fixo fincapé na reposición do Avant que une Ourense con A Coruña, previo paso por Santiago de Compostela e que sae da capital das Burgas as 6:45 horas. Neste senso, a representante dos socialistas ourensáns no Congreso destacou que “este tren permite a moitos traballadores e funcionarios desprazarse ata a Coruña e chegar a tempo o seu posto de traballo, así como tamén a moitos estudantes, polo que debería ser prioritario a hora de repoñer os trens orixinarios dende Ourense”. Tamén se posicionou a favor da reposición do tren diúrno que conecta Ourense co País Vasco e que actualmente se atopa sen servizo pola falta de demanda. Tizón solicitou tamén información sobre o proxecto de tren nocturno que unirá Galicia con Francia.

O senador Miguel Bautista fixo fincapé tamén na recuperación do tren que une Ourense con Madrid as 6:00 AM e puxo especial atención na adecuación dos horarios dos trens que circulan pola provincia dando servizo principalmente a diferentes municipios como Ribadavia, O Carballiño, O Barco ou A Rúa-Petín. Bautista reclamou a mellora dos horarios para adecualos o alcance laboral e o incremento dalgúns trens a efectos de cubrir a demanda da veciñanza destas vilas da provincia. O senador subliñou que “debemos tentar mellorar o servizo entre as vilas e a cidade, xa que moitos veciños e veciñas optan polo tren para os seus desprazamentos.

O voceiro provincial, Rafael Rodríguez Villarino, pediu información relativa aos datos actuais de demanda dos trens que foron eliminados recentemente a causa da COVID-19 e tamén información sobre a demanda antes desta situación de pandemia, co obxectivo de realizar un contraste e buscar novas posibles fórmulas e vías para mellorar os horarios de Ourense con Madrid e con A Coruña e Santiago. Villarino tamén fixo fincapé na importancia de “recuperar servizos de xeito paulatino e de apostar polos trens diúrnos a primeira hora para facilitar o desprazamento aos traballadores, funcionarios, estudantes e empresarios”.

As representantes institucionais do PSdeG-PSOE de Ourense no Parlamento de Galicia, Marina Ortega e Carmen Rodríguez Dacosta tamén subliñaron a necesidade de ir recuperando os servizos e de apostar por horarios que facilitasen a vida dos veciños e veciñas da provincia. A súa vez, solicitaron a RENFE o traslado de información sobre o estado de licitación do concurso de expedición presencial de billetes e que alcance terá na provincia de Ourense. Tamén puxeron o foco sobre a equiparación dos prezos dos viaxes ferroviarios en Ourense con respecto ao Eixe Atlántico e o fomento do galego e do linguaxe inclusivo nos trens de media e longa distancia.

Por último, os concelleiros socialistas no Concello de Ourense, Javier Rey e Xosé Rúas, trasladaron as súas inquedanzas relacionadas coa mellora de conexións dende Ourense con outros puntos. Rey fixo fincapé na mellora das frecuencias directas na conexión Ourense-Madrid-Barcelona, para “mellorar o transbordo e dar a posibilidade dalgún abono o realizar este traxecto. Rúas, pola súa banda trasladoulle o representante de RENFE a necesidade de mellorar a conexión de Ourense coa provincia de Pontevedra, a través da optimización de horarios e tarifas e neste senso lembrou que “no concello de Pontevedra o grupo socialista xa presentou unha moción neste senso”.