concellos POLÍTICA

O Concello de Castrelo de Miño desmantela o servizo de “Castrelo Bus”

O PSDEG-PSOE DE CASTRELO DE MIÑO DENUNCIA O DESMANTELAMENTO E O ABANDONO DO SERVIZO “CASTRELO BUS” INDISPENSABLE PARA O DESPRAZAMENTO DOS VECIÑOS

“Deixan de ofrecer o servizo nun momento onde vai a comezar a campaña de vacinación da gripe e moitos dos habitantes do municipio non poderán desprazarse ao centro de saúde, resalta a voceira, Catalina González

Denuncian que o goberno do Partido Popular estase a adicar a realizar un dispendio de cartos en actuacións lúdicas nun momento de crise sanitaria, mentres desleixa os servizos básicos para a veciñanza

Castrelo de Miño / Ourense, 9 de outubro de 2020. O PSdeG-PSOE de Castrelo de Miño denuncia o abandono e desmantelamento por parte do Concello da localidade, do servizo Castrelo Bús. A voceira socialista, Catalina González, recolle deste xeito a preocupación da veciñanza do concello, dado que se deixa de ofrecer o servizo nun momento onde vai a comezar a campaña de vacinación da gripe e moitos dos habitantes do municipio non poderán desprazarse ao centro de saúde para realizar a vacinación debido á falla de recursos e a avanzada idade da poboación do municipio, manifesta. Así mesmo, o malestar da veciñanza é tan notorio que se atopan tentando realizar unha recollida de firmas para que o goberno popular recapacite e o restableza.

Os socialistas consideran que se trataba dun “servizo básico para a desenvolvemento da actividade diaria dos veciños” dado que permitía o desprazamento dende as diferentes aldeas co centro do concello e “unha xestión tan básica e necesaria nestes momentos como o acudir ao centro de saúde, xa que resulta un servizo indispensable para a cidadanía debido ao avellentamento da poboación e  dispersión da mesma”, aseguran.

Dende o seo socialista denuncian que o goberno do Partido Popular estase a adicar a realizar un dispendio de cartos das arcas públicas en actuacións lúdicas nun momento de crise sanitaria e marcado polo confinamento, mentres desleixa os servizos básicos para a veciñanza.